Un colaborador de La Región, Enrique Martí Maqueda, posible cabeza de lista de SCD en Ourense
O pouco peso nas listas da familia Baltar, a amizade do barón popular con Mario Conde e o enfrontamento mediático que Feijóo ten co xornal producen intranquilidade no oficialismo popular. Non se descarta que os alcaldes da zona rural fagan "folga de brazos caídos” ante a escasa presenza do sector 'da boina' na lista que encabeza Jesús Vázquez.
Pachi Vázquez encabezará a lista socialista por Ourense
O líder do PSdeG-PSOE foi designado candidato este sábado por aclamación no Comité Nacional do partido e mesmo presentou unha serie de compromisos para os 100 primeiros días de xestión se é elixido Presidente. É a primeira vez que unha persoa con opcións reais de Goberno opta pola provincia de Ourense para concorrer aos comicios autonómicos.
A realidade bilingüe do Bierzo
“No Bierzo fálase galego”, con esta frase reciben a calquera visitante que pregunte nesta comarca leonesa, situada xeograficamente a carón de Galicia e que administrativamente pertence a Castela e León.
Os concellos con hidroeléctricas pídenlles máis cartos ás empresas polo seu negocio
A federación estatal que agrupa as vilas e cidades con centrais, estacións ou subestacións (43 concellos só na provincia de Ourense) reclama dende hai tempo un trato xusto que compense economicamente o servizo que se presta cos recursos naturais endóxenos.
O monte galego, desprotexido contra o lume
A situación climatolóxica que viviu Galicia na pasada primavera con fortes choivas en todo o país converteu a paisaxe dos distintos espazos montañosos nun campo axeitado para a proliferación de incendios. Os axentes forestais da Xunta inspeccionan as distintas zonas de perigo e non deixan de chamar a atención sobre o estado preocupante do monte galego.
Ser gai no rural galego: O camiño pendente
Vivir no armario segue a ser opción elixida por moitos e moitas homosexuais tanto nas capitais da costa coma no interior galego, mais este fenómeno rexistra moita máis intensidade nos núcleos rurais e nas vilas medias
Alcaldes de vilas galegas cualifican a supresión de partidos xudiciais como “letal” para os seus concellos
A pretendida modificación da distribución territorial dos partidos xudiciais promovida polo Goberno do Estado e amparada polo Consello Xeral do Poder Xudicial causa unha gran preocupación entre os sectores profesionais do dereito e os numerosos concellos galegos que se verían afectados.
Feijoo, apupado por manifestantes e protexido pola policía na terceira vez que presenta o Hospital 2050 de Ourense
Un forte cordón policial, con forcexeo incluído, tratou de salvar o lucimento do presidente galego, que para amosar un proxecto xa explicado non dubidou en deseñar un grande escenario. O futuro do centro hospitalario segue sen aclararse.
O alcalde de Ourense atribúe a unha confusión que o concello deixase de ingresar 747.000 euros pola reciclaxe
O concello de Ourense tardou dous anos en recuperar para as arcas municipais 747.163,11 euros en concepto de recollida de lixo para reciclaxe. Os ingresos destes residuos, tal como establece o prego de condicións do servizo no seu artigo 76, son do Concello, sen embargo foi a empresa concesionaria UTE Ecourense, formada por Copasa e Fomento de Construccións e Contratas, quen recibiu os fondos durante dúas anualidades. A pesar de que o alcalde deu por rematado o incidente co ingreso dos cartos e a liquidación dos intereses, a oposición conformada por PP e Democracia Ourensá queren seguir investigando o asunto.
Os baltaristas crécense e prepáranlle unha homenaxe ao ex presidente da Deputación
O baltarismo resístese a desaparecer. Á marxe da sucesión formal e dinástica á fronte da Deputación de Ourense na persoa de José Manuel Baltar, os partidarios do que fora presidente do organismo provincial e líder dos populares ourensáns, José Luis Baltar, preparan unha homenaxe cidadá para, segundo as palabras do vicepresidente do Parlamento, Miguel Santalices, render tributo a figura “humana” do barón popular.
“Síntome un David Delfín na vontade”
“Ás veces nun deseñador tamén hai un tempo de silencio”, o modisto Gonzalo Vázquez, elixiu esta frase para colocar enriba da pasarela a súa nova colección primavera-verán. En concreto o nome da súa nova proposta creativa é “silencio” porque GV quere deixar atrás a linguaxe máis explícita e tamén barroca para empezar unha nova etapa na que os deseños sinxelos, as liñas puras e os espazos en branco ocupen protagonismo.
A UE non aprobou o financiamento do Hospital 2050 anunciado en decembro por Feijóo en Ourense
O proxecto de hospital tecnolóxico para Ourense 2050, financiado con cargo a fondos comunitarios e chamado a ser una referencia en Europa, en palabras de Feijóo, non conta polo momento co visto bo de Bruxelas, tal e como se desprende dunha comunicación oficial asinada polo comisario de Política Rexional, Johannes Hahn.