O alcalde de Ourense desafía a Pachi Vázquez e presenta un candidato para dirixir o partido na provincia
O parlamentario autonómico, Pablo López Vidal, presentou este xoves a súa candidatura á secretaría xeral do PSdeG ourensán. López Vidal, instrumento do alcalde de Ourense, non dubidou en proclamarse sucesor do movemento liderado por Elena Espinosa que disputou en marzo a secretaría xeral ao político do Carballiño.
Baltar acusa “a eurodeputada española" Ana Miranda de “fabricar unha noticia que non existe”
O presidente da Deputación ourensá recoñece que a UE investiga o ente provincial pero non lle consta que se abrira un expediente. Sobre unha posible dimisión ou cese do delegado da Xunta, Rogelio Martínez, por estar acusado formalmente polo uso fraudulento de fondos europeos cando era alcalde de Arnoia, di que é unha cuestión "de tipo persoal”.
Anxo Lorenzo cre “esaxerado” falar de "crise" no CDG, como afirmou Guede
O secretario xeral de Cultura rexeita falar de "crise" no Centro Dramático Galego “porque é algo esaxerado”. Para Lorenzo “o único que ocorre é que houbo un cambio na dirección, había unha directora e agora hai outro”. Non quixo tampouco valorar as declaracións de Guede nas que cualificaba de “mentira repetida” o nomeamento da súa predecesora, Blanca Cendán.
Pachi Vázquez acentúa o seu perfil de alternativa de goberno no seu regreso a Ourense
O secretario xeral socialista regresou a Ourense trala vitoria no congreso de Compostela. Dende a sede socialista de Ribeira de Canedo, controlada por afíns a Vázquez, todo se preparou con esmero para que o retorno fose un éxito. Pachi Vázquez asume en primeira persoa a ofensiva programática e ideolóxica do seu partido trala celebración do último congreso. O líder socialista quere pechar definitivamente as feridas do último conclave da formación e presentarse perante a opinión pública como unha alternativa de goberno ao PP.
Torres Cidre deconstrúe a imaxe de Franco no seu imaxinario artístico
O escultor ourensán denuncia coa arte a icona dunha época “asfixiante e castradora”.
Feijóo apoia en Vilardevós o alcalde condenado por “perseguir” un traballador socialista
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, di que os estatutos do PP están para cumprirse. O xefe do Goberno galego gaba o Banco de Terras que os populares vían na oposición como propio "da Unión Soviética"
Cultura rexeita crear unha fundación para garantir o futuro da Mostra de Ribadavia
A pretensión da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia de ser xestionada a través dunha fundación de carácter público para garantir o seu futuro e a súa estabilidade económica terá que esperar. Segundo puido saber Praza Pública, a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, non baralla “nin tan sequera como hipótese” a creación desta fundación. As razóns que manexan na consellaría de Cultura é que “neste momento económico crear un novo organismo parécenos ilóxico e descoñecemos cales son as verdadeiras intencións dos promotores”.
O alcalde de Castrelo convida o PP a colocar o cadáver do brigadista enriba da mesa de Feijóo
Tralo falecemento o pasado 27 de marzo dun brigadista en Castrelo do Val, o concelleiro popular Manuel Pérez Araújo asegurou que os medios dos que dispón o concello ourensán non se usaron adecuadamente. Isto provocou a reacción dos socialistas e do alcalde, Vicente Gómez, quen manifestou que “se o PP quere falar de culpas ou neglixencias debe recordar cando no ano 2006 lle poñía encima da mesa a Touriño todas as mortes por incendios forestais”
O concello de Ourense adxudicou obras por máis de 600.000 euros a un empresario investigado por desviar fondos europeos
A empresa ATCON está administrada por Gumersindo Álvarez Martínez, administrador igualmente de Costrucións e Promocións SL (CRUZVAL) e curmán do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez. A empresa Cruzval e Rogelio Martínez están sendo investigados pola presunta implicación no desvío de fondos comunitarios ao realizaren determinadas obras públicas no concello de Arnoia.
A Ribeira Sacra convértese nun dos principais parques industriais do país
A ansia das eléctricas en pleno desarrollismo franquista por explotar un espazo virxe desembocou na concentración de numerosos saltos hidroeléctricos e converteu os ríos Sil e Miño en fornecedores da materia prima necesaria para producir milleiros de quilovatios, aínda que houbera que sacrificar valores medio ambientais e artísticos. Na actualidade hai un total de 40 centrais cunha potencia instalada de 1.523 megavatios, que aumentará considerablemente ao desenvolverse os proxectos industriais xa aprobados.
Pastor atopa no soterramento da liña a escusa para atrasar a chegada do AVE
O PP parece ter atopado a escusa para demorar a integración da alta velocidade na cidade das Burgas e atrasar a unión de Galicia coa Meseta até o 2018. Unhas declaracións da ministra de Fomento Ana Pastor cualificando o custe da integración como “pouco razoable” ao cifrarse en 560 millóns de euros puxeron a colofón á declarada intención de revisar o proxecto xa aprobado polo anterior equipo do ministerio de Fomento.
O alcalde de Vilardevós, condenado por acosar un traballador por ser “socialista”
O PSdeG-PSOE pídelle a Alberto Núñez Feijoo que tome medidas no concello de seu pai, no que o alcalde popular Manuel Cardoso é obrigado pola Xustiza a devolverlle o seu posto a un empregado que fora degradado por razóns ideolóxicas.