Un país novo: A memoria das eleccións nas paredes do país

© Sol Álvarez

Sol Álvarez percorreu coa súa cámara as rúas paredes, marquesinas, vallas e túneles de Galicia rexistrando os restos dos cartaces electorais colocados e nunca retirados. Arqueoloxía política con resultados curiosos e artísticos en ocasións.

Cada catro anos somos chamados ás urnas para elixir os nosos representantes. Esta convocatoria publicítase exhaustivamente por todos os medios: anuncios de televisión, radio, coches cunha agresiva megafonía, e, sobre todo, carteis electorais. As rúas énchense de rostros e slogans con mensaxes que poderían intercambiarse. Sorprendente é atopar un destes nalgún lugar apartado, pouco frecuentado. Cada voto conta, por iso á hora de empapelar non se deixa un oco, pero unha vez pasados os comicios eses carteis, noutrora tan importantes van quedando esquecidos, moitas veces perdurando durante anos. Azulados polo sol, rotos, fican baleiros de significado, ou, máis ben, cun signficado totalmente diferente ao orixinal.

A primeira fotografía foi tomada na parroquia de Formarís (San­tiago). Xa na campaña para as eleccións municipais promoveuse outro “mitin do rural”, para apoiar a Conde Roa, xa que “o partido aposta polo rural, un ámbito olvidado polo goberno do municipio no que hai todavía núcleos sen servizos básicos”. Nada máis chegar a Raxoi, paralizaron as obras do Polígono industrial de Formarís, e despois dun ano de mandato, o acalde dimitiu pola súa imputación nun caso de fraude fiscal.

O cartel da segunda imaxe leva máis dun ano pendurado en Laraño. Hai constancia de que os veciños da zona denunciaron fai máis de 10 anos o mal estado das vías neste tramo. Hoxe en día, ademais das insignificantes melloras neste sentido, o peche da estación de Casal (xusto ao lado) e o seu recubrimento con provisionais e antiestéticos valados, agora cheos de graffitis, contribuíu a empeorar o estado do lugar.

Podes ver o resto das imaxes e as historias asociadas a elas na fotogalería Un país novo.

 

Este cartel leva máis dun ano pendurado en Laraño © Sol Álvarez
Estas fotografía foi tomada na parroquia de Formarís (San­tiago) © Sol Álvarez

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.