Vázquez Taín: "En Galicia, o máis axeitado coas preferentes é acudir á vía xudicial"

O xuíz Vázquez Taín, ante a Catedral de Santiago © eldiario.es

José Antonio Vázquez Taín é xuíz e agora tamén novelista. O seu nome saltou á fama pola instrución do proceso que deu como resultado a recuperación do Códice Calixtino, roubado na catedral de Santiago. A paixón deste maxistrado polo fenómeno Xacobeo levouno a escribir un libro arredor da peregrinación a Santiago e dos misterios que rodearon ao santo sepulcro durante séculos. La leyenda del Santo Oculto é a primeira incursión de Vázquez Taín na literatura.

O nome de Vázquez Taín é coñecido en Galicia polo seu impulso na loita contra o narcotráfico. Foi o xuíz que encarcerou a Marcial Dorado, o narcotraficante con quen se fotografou o presidente da Xunta. En conversación con eldiario.es, Vázquez Taín reflexiona sobre o estado actual da xustiza e o complicado labor dun xuíz en tempos de crises.

Canto hai da instrución do caso do Códice Calixtino no seu libro?

Do proceso xudicial no meu libro non hai nada. No libro parecíame amoral escribir nada obtido da investigación. Tan só traslado ás páxinas aspectos humanos sobre como sente un xuíz cando instrúe un caso.

"Os xuíces sentímonos desamparados; non podemos ter axilidade no século XXI con métodos do XIX"

Cara a onde peregrina a xustiza?

(Resopla) Non se sabe. Eu que sempre estiven en xulgados de base o que máis boto en falta é que se nos iguale a outras administracións. Que non teñamos documentos dixitais non se explica. Nós temos que ir a un armario, tomar un cartafol e sacar os papeis que temos crucificado con grapas. Non podemos ter axilidade no século XXI con métodos do XIX. Mentres uno non teña capacidade para moverse, o resto de debates son accesorios. A estrutura de funcionamento é arcaica e atrasada. Os xuíces sentimos moi desamparados.

"Gallardón é un desastre"

Se lle digo Gallardón, vostede dime...

Desastre. Desde a tristeza do que vive a xustiza como algo feliz, para min é un desastre.

Como se vive a crise e problemas como o dos desafiuzamentos desde o seu xulgado?

Cáeseme a alma aos pés. Co tema das preferentes primeiro a arbitraxe foi moi áxil pero agora parouse. Nestes momentos, en Galicia, é máis acertado acudir á vía xudicial que á arbitraxe.

Perciben un aumento de traballo pola situación económica?

Os xuíces botamos contas de como darlle curso a todo o que nos pode chegar. Non nos saen as contas. Un compañeiro contábame hai uns días que ten xuízos sinalados até outubro e chegáronlle mil casos máis a maiores. Eses mil teraos que meter noutras horas. A sensación é de frustración. Somos uns inútiles. Cos desafiuzamentos, se puidésemos analizar cada contrato, poderiamos dar unha resposta.

"O máis acertado no caso das preferentes é acudir á vía xudicial antes que á arbitraxe"

Como viven os xuíces as noticias de cambios en lexislación tan importante como a lei do aborto?

O tema do aborto é un tema estritamente político. Xudicialmente, a nós, chegarannos moi poucos casos.

Recentemente estivo na boca de todos Marcial Dorado. Era vostede consciente da relación de Dorado co actual presidente da Xunta?

Eu coñecín a Marcial antes da investigación porque era un empresario da zona de Vilagarcía. Eu sabía que se relacionaba con todo o político que se movese para demostrar ao mundo que era un empresario.

"Marcial Dorado é unha persoa que alardeaba de ser contrabandista e que se movía con moita liberdade en ámbitos económicos e empresariais"

Cre factible que Feijóo non soubese quen era Dorado nin ao que se dedicaba?

Dorado é unha persoa que alardeaba de ser contrabandista. A min presentáronmo como ex contrabandista. É unha cuestión que eu non podo valorar. Dorado era unha persoa que se movía con moita liberdade en ámbitos económicos e empresariais e que facía pensar que "a ver se vou estar equivocado".

Nos últimos meses iniciáronse procesos sobre a suposta existencia de terrorismo organizado en Galicia baixo o nome de Resistencia Galega. Con todo, ningún grupo reivindicou a súa existencia organizada. Cre vostede que existe o terrorismo en Galicia?

O que ocorre é estamos ante un fenómeno dunha dimensión non excesiva. Non arraigou na sociedade nin supón un risco moi longo, é un problema policial. Mentres non haxa mortos, ao tema non se lle vai dar importancia.

O xuíz Vázquez Taín, ante a Catedral de Santiago © eldiario.es

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.