
Feijóo di que o inicio do xuízo da Gürtel non condicionará as autonómicas
“Nin me preocupa nin me ocupa”, asegura o presidente galego sobre o comezo o 4 de outubro da vista oral.
“Nin me preocupa nin me ocupa”, asegura o presidente galego sobre o comezo o 4 de outubro da vista oral.
O xuíz ordena investigar se 470 persoas empregaron contas abertas na sede do banco na Coruña para mover 1.200 millóns de xeito irregular a través de 34.000 operacións en sete anos. O acto aclara que a entidade non actuou coa "esixible dilixencia".
Exercía de recadador con empresarios e particulares. Naseiro gardou copia dun cheque de medio millón de pesetas a nome do ex presidente da Xunta e o seu ingreso nunha conta dos populares para demostrar que a alta dirección non só permitía senón que actuaba no financiamento irregular
Os populares comezan a tramitar en solitario a súa reforma do Consello de Contas, que lle atribuirá ao ente competencias de "prevención" das prácticas corruptas pero non máis medios. A oposición ve no texto unha manobra "propagandística" de precampaña.
O que fora conselleiro de Portos de Galicia con Feijóo en Política Territorial enfróntase á condena por asociación ilícita, suborno, malversación, estafa ou tráfico de influencias, entre outros. O Ministerio Público pide 42 anos para Bárcenas e 110 para Francisco Correa.
Os letrados do goberno autónomo madrileño solicitan unha dura condena para o galego Pablo Crespo, número dous da Gürtel e que ocupou cargos na administración galega durante os anos da trama.
Varios informes de institucións do Estado e testemuños de dirixentes do partido avalan a veracidade da contabilidade paralela revelada polo ex tesoureiro. Dous dos casos refírense a supostos cobros ou pagos en negro relacionados co PP galego.
Adade (Asociación de Abogados Demócratas por Europa) solicita a Ruz que cite como testemuñas os xerentes da formación galega e provincial para que aclaren os supostos pagos en negro a Rajoy e Cospedal.
Un informe policial conclúe que 'el Bigotes' reclamou en 2003 ao actual presidente do Goberno que intervise para o pago por parte do PP galego de campañas organizadas por empresas da trama.
Leitosa, a empresa concesionaria da antiga canteira e responsable da balsa de residuos que rebentou hai dez días, foi propiedade de Francisco Cotino (imputado na trama de financiamento ilegal do PP) até a súa venda a outra sociedade, que en 2012 entrou en concurso voluntario de acreedores.
Con idéntica estratexia á utilizada polo rei tras o escándalo de Botsuana, Rajoy dixo: "Equivoqueime ao manter a confianza a alguén que agora sabemos que non a merecía", dixo o presidente do Goberno como única asunción de culpa no escándalo que mantén o seu partido ao bordo do colapso.
Os documentos orixinais ratifican o financiamento irregular do PPdeG a finais dos 90, ademais do cobro de sobresoldos en negro por parte de Rajoy cando era ministro de Aznar.