![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/uploads/rcc7-5a75057-e4e8fc0.jpeg)
"O importante é que Carvalho teña o Día das Letras. É de xustiza"
A Real Academia Galega escollerá este sábado a Ricardo Carvalho Calero como homenaxeado no Día das Letras do ano 2020. Votaranse as dúas propostas presentadas polos académicos e académicas, as dúas co filólogo e escritor ferrolán como protagonista. Falamos con Henrique Monteagudo e Francisco Fernández Rei.