'DemocraZia': a mocidade quere participar e amósao a pé de rúa o 12 de setembro en Santiago
'O encontro' leva á Alameda compostelá o traballo impulsado polo Consello da Xuventude de España e '50 en Liberdade' para "reforzar a implicación xuvenil na vida política e social" e "fortalecer" a súa "cultura democrática". As asociacións xuvenís son protagonistas nunha iniciativa que combina a presentación do traballo xa feito coa reflexión en espazos como un podcast ao vivo sobre a crise da vivenda e mais coa música e o lecer