
De Lara rexistra Monbús e detén o seu propietario, Raúl López
O xulgado de instrución número 1 de Lugo lanza a Operación Cóndor contra a empresa da que é propietario o tamén presidente do Obradoiro. A nova operación, derivada da Pokémon, suma xa dez detencións e numerosos rexistros en Santiago e Lugo, onde os axentes atoparon un millón de euros.