
O TSXG ve "de ínfimo valor" os lotes de viño de 500 euros remitidos por Monbus a políticos
O alto tribunal galego considera que agasallos como os enviados por Raúl López a Feijóo ou Rueda só poden ser considerados delito se superan o limiar da cortesía ou son obxecto de "reprobación social". A propia Xunta fixou este límite en 90 euros.