A poboación estranxeira que queira votar nas municipais debe iniciar os trámites ata o 15 de xaneiro
A Oficina do Censo Electoral remitiu nos últimos meses de 2018 a documentación para que a poboación procedente da UE e de Estados con acordos con España que queira participar nos comicios poida votar. No caso da cidadanía comunitaria os trámites son tamén para as eleccións europeas, que tamén se celebran o 26-M