Andrea Villa

Andrea Villa

(Ourense, 1990). Licenciada en Xornalismo, Máster en Xestión de Industrias Culturais, produtora e xestora de redes sociais. Ten traballado na dirección de produción de programas para a Televisión de Galicia (a través de VEMO.TV), na comunicación do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) ou como produtora transmedia para Cósmica Producións e Playz, a plataforma dixital de RTVE.

Na actualidade, coordina a comunicación de festivais de cinema coma o Festival de Cans, Novos Cinemas ou Curtocircuíto; musicais coma Revenidas ou Vive Nigrán; e diversos eventos culturais como a Ourense ICC Week. Ademais, tamén forma parte do equipo de comunicación do festival SonRías Baixas e da Academia Galega do Audiovisual, que a destacou nos Papeis da Academia de 2017 coma un dos novos talentos emerxentes do sector.

Andrea pasa os días explorando entre os contidos dixitais, o audiovisual e a música, pero en realidade o que máis lle gusta é ter flores sempre na casa, fabricar GIFs, que lle cociñen e as tartas (todas).