- Reportaxe
- Movementos sociais
As mulleres na opinión: un elefante rosa no medio das redaccións
A opinión xera opinión. A opinión guía a quen camiña polas moreas de información que asaltan cada día. A opinión é xornalismo. E a opinión, en Galicia, é fundamentalmente masculina. Así o acreditan as cifras dun estudo das seccións de opinión dos principais xornais impresos galegos elaborado no seo da asociación Xornalistas Galegas. De preto de 27.000 pezas analizadas, só un 15,5 % levaban sinatura feminina