"Oínlle historias á miña avoa vendo compulsivamente unha telenovela brasileira, iso tamén é tradición oral"
O escritor angolano Ondjaki despois de viaxar a Portugal visitou por cuarta vez Galicia. Con el falamos da literatura angolana e da brasileira, tamén da súa infancia en Luanda: o universo referencial da súa escrita. Ondjaki vive no Brasil e pertence a unha xeración nova que pensa e escribe o presente múltiple da realidade africana.