Galicia viviu o febreiro máis seco dende que hai rexistros
No norte este inverno choveu un 30% menos do habitual, pero no sur o descenso é do 70%. En Pontevedra e Ourense só choveu un día no último mes. Prevese unha primavera con precipitacións por debaixo da media.