  - Dependencia, vivenda e obras, maiores subas do orzamento clave na continuidade do Goberno do PSOE- O Consello de Ministros dá luz verde aos primeiros Orzamentos da etapa de Sánchez, cuxa difícil aprobación é transcendental para a continuidade ou non da lexislatura. Coa entrega do proxecto ao Congreso será público o investimento territorializado, que no caso galego previsiblemente volverá baixar polo remate das grandes achegas para as obras do AVE 
  - A sentenza das hipotecas, retrato dun enfrontamento sen piedade entre xuíces do Tribunal Supremo- Os maxistrados que votaron a prol da banca atacan o que consideran un xiro "tan inopinado como radical" que deu lugar á "controversia social". Os maxistrados críticos cren que os seus compañeiros despregaron "un desinhibido repertorio de medias verdades, desafogos verbais e argumentación pouco rigorosa" 
