Fernando Dacosta (Ourense, 1969) é actor, director, dramaturgo e docente. En 1986 entrou a formar parte da histórica compañía Sarabela Teatro, sendo dende aquela membro estable dos elencos das súas montaxes. É o director da Aula de Teatro Universitario de Ourense dende 1994 e dirixe dous festivais de longa traxectoria na cidade de Ourense: a Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) e a Mostra de Teatro Infantil (MOTI).