Fernando Groba Bouza (Santiago de Oliveira-Ponteareas, 1979) é licenciado en Filoloxía Galega pola USC. Dende 2004 é profesor colaborador na Secretaría Xeral de Política Lingüística para impartir e examinar cursos Celgas e cursos de linguaxes específicas, técnico de normalización lingüística en distintos concellos, profesor de secundaria, profesor na escola oficial de idiomas e ten publicados traballos como Descrición sociolingüística e formulación de plans de normalización locais. Un caso de estudo (Ponteareas) (2005), Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira (2006), Dichos y refranes en dialecto vianés de Laureano Prieto (1951) (ms. RAG-C170/5)” (2009, coator con Xesús Ferro Ruibal), A cabalo regalado non se lle mira o dente. Compilación da fraseoloxía equina galega actual (2010) ou Onde hai eguas, podros nacen. A realidade vista dende os equinos, entre outras cousas (2011). Foi secretario da Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega (Puraga) e actualmente traballa na súa tese de doutoramento.