O PP enterrou a súa mensaxe de "menos impostos" o mesmo día en que Liz Truss rectificou o seu plan fiscal
Sánchez queda "cada vez máis só, tamén internacionalmente, contra as baixadas de impostos", celebrou a dirección do PP de Feijóo cando a agora ex-primeira ministra británica anunciou o seu plan fiscal, mentres situaba o lema 'Menos impostos' presidindo os seus actos. A Xunta ten en marcha a tramitación dos Orzamentos de 2023, que inclúen medidas como duplicar do 25% ao 50% o desconto do imposto de patrimonio, que só atinxe ás algo menos de 8.000 persoas coas rendas máis altas
Feijóo muda o modelo de financiamento autonómico que defendía na Xunta para adaptarse á campaña do PP en Andalucía
O novo líder do PP estatal asume agora como prioritario o criterio da poboación que combatía cando era presidente galego