O Fondo Ético Garantido de Caixa Bank. Estannos a tomar o pelo?
La Caixa presentou o seu Fondo Ético Garantido, un fondo que garante o 100% do capital e cuxos rendementos se vinculan á evolución das cotizacións dalgunhas empresas. O listado de empresas supostamente exemplares inclúe a Allianz, Deutsche Post, Bayer, Inditex, KPN… Pero o currículo destas compañías dista bastante de ser unha mostra de responsabilidade social e ambiental.