Nueva Pescanova comercializará polbo de piscifactoría en 2023 entre dilemas científicos e ambientais
Nueva Pescanova comprou a patente despois de que o Oceanográfico de Vigo lograse deixar atrás a taxa de mortalidade do 99,9% que ata agora acadaba a cría do polbo en catividade e estuda a comercialización para 2023. Como pano de fondo, o incremento da demanda e os prezos disparados mentres colectivos ecoloxistas e voces científicas alertan dos riscos