“Hai que ser emprendedor por elección, non por moda ou por necesidade”
CULTURA STARTUP Rubén Ferreiro naceu en Compostela hai 37 anos. Fillo de pai e nai funcionarios, fundou a súa empresa en Vigo no 2000, durante a febre das puntocom, como único empregado. Hoxe lidera os designios de Viko, grupo de empresas adicadas ao marketing en e-commerce, con máis de 140 empregados e oficinas en Madrid, Barcelona, Londres, México DF, Miami e Vigo.