O polígono de Someso e os negocios Vázquez-Fontenla
O ex concelleiro Manuel Monge lembra a participación da familia de Vázquez en empresas e negocios con Antonio Fontenla e as presións de promotores inmobiliarios para que o Concello cambiase a ubicación inicial do recinto feiral en 1997. Datos clave "para entender os acordos municipais de 2004 e 2005 sobre o polígono de Someso", que agora investiga a xustiza.