Páxina 52 do libro de Manuel Monge Outra Coruña é posíbel, editado en 2007
Para facer unha cronoloxía, política, das relacións de Vázquez con Antonio Fontenla, é dicir, dos negocios que comparten –difundidos amplamente por La Opinión– hai que inscribila tamén no proceso de elaboración do Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que se inicia en 1996, dous anos antes de que Fontenla inscriba Iglevaz, empresa da familia Iglesias-Vázquez, no rexistro mercantil.
O PXOM permite, por exemplo, converter un monte do Mesoiro en terreo edificábel; mercar antes de aprobarse o PXOM a un prezo moi baixo –porque non é edificábel– e obter grandes beneficios, construíndo miles de vivendas nese mesmo monte
O PXOM permite, por exemplo, converter un monte do Mesoiro en terreo edificábel; mercar antes de aprobarse o PXOM a un prezo moi baixo –porque non é edificábel– e obter grandes beneficios, construíndo miles de vivendas nese mesmo monte cando o PXOM modifica a cualificación do terreo.
Con esta cronoloxía poden entenderse as declaracións de Antonio Fontenla, que apoiaba con entusiasmo a Vázquez na campaña electoral das eleccións municipais de 2003; e pode entenderse que, por decisión persoal de Vázquez, Fontenla pertenza ao consello de administración da Empresa Municipal de Augas (EMALCSA).
Con esta cronoloxía poden entenderse as declaracións de Antonio Fontenla, que apoiaba con entusiasmo a Vázquez na campaña electoral das eleccións municipais de 2003
Podemos ver que Vázquez foi sempre partidario de compatibilizar a actividade política cos negocios inmobiliarios –faltaría máis! – pero que mantivo sempre estes en secreto. E podemos entender por que os empresarios da construción deciden –cousa insólita nos gobernos municipais progresistas– non presentar alegacións ao PXOM.
Podemos comprobar as gravísimas responsabilidades de todo o grupo municipal do PSOE da Coruña en todo este proceso, favorecendo, consentindo e tapando todas estas relacións empresariais e os negocios secretos de Vázquez. E as gravísimas responsabilidades políticas do PSdeG, así como de Touriño e Zapatero, coñecedores de toda a traxectoria política de Vázquez e dos seus compadreos co PP, que sempre xustificaron como “cousas de Paco”, mentres tivo maiorías absolutas, e subliñaron a presunta legalidade das súas polémicas actuacións. Efectivamente, algunhas destas actuacións poderían ser legais, outras poden acabar nos tribunais de xustiza, pero o que a cidadanía non perdoa é a inmoralidade de mercar unha casa para uso particular a un prezo de saldo, aproveitándose do cargo e da información privilexiada, nin que se oculten os negocios da súa familia cun dos principais empresarios da construción, con importantes intereses na cidade da Coruña.
Efectivamente, algunhas destas actuacións poderían ser legais, outras poden acabar nos tribunais de xustiza, pero o que a cidadanía non perdoa é a inmoralidade de mercar unha casa para uso particular a un prezo de saldo
Cronoloxía
Setembro de 1996: Exposición ao público do avance do PXOM.
27-12-1997: Aprobación inicial do PXOM.
5-2-1998: A Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña (APEC-CO), que tiña como presidente a Antonio Fontenla, decidía non presentar alegacións porque “O PXOM merece o xeneral beneplácito”.
27-5-1998: Antonio Fontenla inscribe a sociedade Iglevaz no rexistro mercantil da Coruña, como empresa adicada a xestionar todo tipo de patrimonios mobiliarios ou inmobiliarios. Coincide este nome coas iniciais dos apelidos da muller do alcalde, María del Carmen de la Iglesia, e de Vázquez. Que casualidade!
Xullo de 1998: Iglevaz entra no accionarado de Hidroeléctrica del Arnoya cando esta amplía o seu capital en 3.005 euros. Outra ampliación posterior de 240.404 euros permite que Iglevaz, cun investimento de 120.202 euros, pase a controlar o 50% do accionarado. A outra metade quedaba nas mans da sociedade Desarrollo Energético de Galicia, participada por Luis de Valdivia S.L. e Gespifont, que é a empresa que xestiona o patrimonio inmobiliario de Antonio Fontenla.
19-10-1998: Aprobación definitiva do PXOM.
21-10-1998: Manuel Jove, presidente da Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios (APROINCO), e dono de Fadesa, manifestaba na Asemblea Xeral a súa satisfacción pola aprobación deste PXOM; eloxiaba o pragmatismo do Goberno Municipal e da Xunta e adiantaba que a liberación de grandes superficies de terreos urbanizables abarataría o prezo da vivenda, cousa que non ocorreu.
12-6-02: Antonio Fontenla vende todas as accións de Iglevaz á familia Vázquez –á súa muller e aos seus fillos- ante o notario madrileño Igancio Martínez-Gil Vich. A familia de Vázquez controla así o 50% de Hidroeléctrica del Arnoya, que durante o exercicio de 2004 facturou 354.000 euros. Esta empresa, cunha Xunta presidida por Fraga, recibe a concesión administrativa de tres minicentrais hidroeléctricas nos ríos Corzán, Barcés e un afluente do Xallas, nos concellos de Negreira, Carral e Outes. A de Negreira contou cunha forte oposición dos veciños e do PSdeG desta localidade.
8-10-02: Constitución da sociedade Malakut, que ten como única accionista á profesora Ana María López González, cun capital social de 3.000 euros, o mínimo esixido pola lei. Ten como obxectivo social a “planificación e desenvolvemento de proxectos relativos a enerxías renovábeis, hidrolóxicas e eólica, deseño, enxeñería e construción de instalacións de xeración e xestión de parques eólicos, así como a compraventa de terreos, a construción e promoción inmobiliaria”.
18-11-02: A Xunta Extraordinaria de Iglevaz, celebrada na súa sede social do Cantón Grande, 6 da Coruña, aproba a dimisión de Fontenla como administrador único, que pasa a ser administrador solidario con María del Carmen de la Iglesia Illanes, que está casada en réxime de bens gananciais con Francisco Vázquez.
20-11-02: Cesa a única accionista de Malakut e a muller de Vázquez é nomeada como administradora e os seus fillos como únicos accionistas.
23-5-03: Reunión na Coruña de Francisco Vázquez cos dirixentes da patronal no último acto da campaña electoral das eleccións municipais. Antonio Fontenla, socio de Vázquez, declara que “Francisco Vázquez é o maior patrimonio que ten A Coruña”.
25-5-03: Francisco Vázquez é elixido alcalde.
18-6-03: En pleno debate na Asemblea de Madrid pola fuga de dous deputados do PSOE, que fan perder a este partido o goberno da Comunidade, Vázquez maniféstase a favor da compatibilidade da actividade política e os negocios inmobiliarios: “É lícito sempre que se faga con transparencia e publicidade e quede constancia nun rexistro público, como ocorre en Estados Unidos e Gran Bretaña. O demais é un exercicio de cinismo e hipocrisía e un gran error deste país”.
30-6-03: Iglevaz aproba as contas do exercicio de 2002 e recoñece un capital social de 3.005 euros, distribuídos en 500 accións de 6,01 euros cada unha.
23-2-04: Promotora Eólica Coruñesa S.L. inscríbese no rexistro mercantil da Coruña; ten a súa sede na rúa Fama, 1 da Coruña, domicilio do empresario Luis Castro Valdivia. A través da sociedade instrumental Iglevaz a familia Vázquez controla as empresas Hidroeléctrica del Arnoya, Malakut, Compañía Gallega de Minicentrales S.A., absorbida pola primeira en 2003, e promotora Eólica Coruñesa S.L.
14-6-05: O consello da Xunta, cando xa o goberno de Fraga estaba en funcións, adxudica a Hidroeléctrica del Arnoya unha licenza para a instalación dun parque eólico en O Chao, nos concellos de Ourol e Muras en Lugo, cun orzamento de 10,4 millóns de euros e unha potencia de 8 megavatios. Daquela, era Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ramón Ordás Badía, cuñado de Luis Castro Valdivia, socio da familia Vázquez en Hidroeléctrica del Arnoya. Luis Castro Valdivia foi responsábel de Novas Xeneracións, organización xuvenil do PP, xestiona 33 empresas do sector enerxético –parques eólicos e minicentrais hidroeléctricas- e cando Fraga abandona a Presidencia da Xunta marcha a Portugal como directivo de Endesa. É socio nalgunhas empresas de Antonio Vidal Rego, acusado pola xustiza de Estados Unidos dun delito medioambiental, falsidade, fraude e obstrución á xustiza.
9-2-06: Faise pública a marcha de Vázquez a Roma.
10-2-06: Coincidindo coa inauguración dunha exposición no Quiosco Afonso sobre carteis da II República, 300 funcionarios municipais, que levan varios días mobilizándose polas súas reivindicacións, despiden a Vázquez coa canción “Se va el caimán, se va el caimán, se va para el Vaticano...”
15-2-06: Fraga ingresa na Orde de Cabaleiros de María Pita no Salón de Plenos do Palacio Municipal da Coruña. Vázquez e Fraga proclaman neste acto as súas coincidencias ideolóxicas, relixiosas e que comparten o espírito de servizo. Vázquez eloxia a Fraga: “Caballero de honor”; “Galicia ha tenido el gran privilegio de tener un Presidente que le ha aportado un prestigio añadido”; “No ha tenido más meta en su vida que la convivencia pacífica y la tolerancia ente las comunidades y personas de este país”. E Fraga eloxia a Vázquez: “La obra del alcalde actual de A Coruña quedará en la historia escrita con letras imborrables”; “Hemos coincidido en el centro”.
Durante estes anos moita xente despistada pensou que Fraga e Vázquez estaban en proxectos políticos distintos; compróbase que estaban totalmente equivocados porque agora nos din que sempre coincidiron no fundamental, cousa que algúns xa sabiamos e denunciamos desde hai moito tempo.
Os intereses da familia de Vázquez no negocio inmobiliario non son nada novo. Ocupar durante tantos anos a Alcaldía, sendo ao mesmo tempo socio dun dos principais construtores da cidade é un caso insólito na historia do municipalismo e un auténtico escándalo político.
Os xornalistas Luis Ventoso, Guillermo Pardo, Rosa Domínguez e Julián Rodríguez, daban nunha reportaxe algúns detalles sobre estes negocios inmobiliarios
Os xornalistas Luis Ventoso, Guillermo Pardo, Rosa Domínguez e Julián Rodríguez, daban nunha reportaxe algúns detalles sobre estes negocios inmobiliarios: “Frente a sus críticos, Francisco Vázquez siempre argumenta que presenta cada año declaración de bienes en el registro del Congreso. En esa nómina no aparecen los negocios familiares de su mujer, Mari Carmen de la Iglesia Illanes, en su origen vinculados al sector metalúrgico a través de la sociedad Herederos de Ignacio de la Iglesia, con sede en A Grela, pero hoy en día centrados en la promoción inmobiliaria, sobre todo en los nuevos polígonos que se han llevado a cabo en el área de influencia de La Coruña. Es a finales de la década de los ochenta cuando a través de la firma metalúrgica familiar se van entrecruzando las participaciones en diversas inmobiliarias también en manos de los De la Iglesia, como la sociedad Illano. La fórmula adoptada, sucesivas ampliaciones de capital, a las que también acuden empresarios coruñeses como Ángel Jove, a través de Irco, y Manuel Soto. Otra de las sociedades de la mujer de Francisco Vázquez, sobre la que la familia hizo pivotar sus negocios, es Inmobiliaria Amulei, en la que participó una sociedad vinculada al empresario coruñés José Collazo Mato, propietario de Comar y del Casino del Atlántico, un grupo con un volumen de ingresos superior a los 18.000 millones de pesetas, concentrado en el sector del juego” (La Voz de Galicia, 22-6-1997).
O culebrón sobre os negocios de Francisco Vázquez continúa porque cando toma posesión o novo Goberno de Galiza, o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, manifesta que atopou irregularidades e indicios de delito na tramitación dalgunha da concesións enerxéticas outorgadas pola anterior Xunta a empresas participadas pola familia de Vázquez. A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza investiga este asunto para decidir se presenta unha denuncia ou unha querela por un suposto delito de tráfico de influencias.
Xa con Vázquez de embaixador no Vaticano, coñecemos tamén que a súa familia ten o 33,33% do capital social de Covara S.L., empresa inmobiliaria madrileña constituída o 9 de decembro de 2004
Xa con Vázquez de embaixador no Vaticano, coñecemos tamén que a súa familia ten o 33,33% do capital social de Covara S.L., empresa inmobiliaria madrileña constituída o 9 de decembro de 2004 e que, segundo os seus estatutos fundacionais, ten como obxecto social: “A asesoría, intermediación e promoción inmobiliaria, a construción e oficios propios da mesma, a adquisición e a cesión, transmisión e a explotación en calquera forma legal de bens inmobles rústicos e urbanos”. O administrador único desta empresa é Conrado La Roche Brier, que tamén administra outras sociedades mercantís como Vientos de Extremadura, S.L., con sede en Badaxoz. (La Opinión 21-11-06).
Todas estas operacións foron realizadas con total secretismo durante o tempo que foi Alcalde. Lembremos que cando Francisco Vázquez cesa como senador, en marzo de 2006, na súa declaración de intereses non fai referencia á participación da súa familia na explotación de minicentrais e dun parque eólico ou na inmobiliaria Covara. A Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral é moi clara ao respecto e recolle que o mandato de senador é incompatíbel co desempeño de actividades privadas, salvo a administración de patrimonio persoal o familiar. Esa mesma Lei precisa que “en ningún caso terán esta consideración as actividades privadas cando o interesado, seu cónxuxe ou persoa vinculada a el por análoga relación de convivencia afectiva, teñan participación superior ao 10% en actividades empresariais ou profesionais de toda índole que teñan concertos, concesións ou contratos con organismos ou empresas do sector público estatal, autonómico ou local”.