Manuel Rivas Álvarez

Manuel Rivas Álvarez

Chámome Manuel Rivas Álvarez. Nacín en Sarria (Lugo) en 1975. Son licenciado en Xornalismo pola Universidade San Pablo-CEU e fixen o máster de El País-UAM. Aínda que a confusión sexa frecuente, non teño nada que ver nin co escritor nin co alcalde de Cambre (aínda que con este nunca me confunden). Levo vivindo en Madrid tempo de máis por motivos laborais: primeiro en Prisacom e agora en RTVE.es.