Ninguén poderá coa muller!
Segundo os últimos datos coñecidos sobre as diferenzas salariais entre o sector feminino e o masculino, as mulleres cobran ata un 16 por cento menos que o xénero masculino. A porcentaxe española está un 1 por cento por debaixo con respecto á media europea. UGT denunciou o ano pasado que unha muller de clase media debería traballar 54 días máis que calquera home para poder achegarse ao seu salario anual. Esta é a media europea, pero no noso país esta cifra crece 26 días até acadar o estarrecedor dato de 80 días.