Ninguén poderá coa muller!

Dominio Público Praza Pública

Segundo os últimos datos coñecidos sobre as diferenzas salariais entre o sector feminino e o masculino, as mulleres cobran ata un 16 por cento menos que o xénero masculino. A porcentaxe española está un 1 por cento por debaixo con respecto á media europea.

No caso de Galicia, o colectivo da muller conforma o principal motor da economía galega. A muller contemporánea constitúe unha das xeracións máis preparadas da nosa historia. O futuro é da muller. O pasado 8 de marzo, día internacional da muller traballadora,  foi a data  elixida pola Secretaria Xeral da Igualdade para celebrar unha campaña baixo o lema “Sen mulleres non hai Galicia”. Hai case medio millón de mulleres no mundo laboral de maneira activa. 48.600 delas traballan no sector da industria, 36.400 dedicadas ao mundo da agricultura e a gandería e máis de 22.000 empresarias con asalariadas ao seu cargo.

UGT denunciou o ano pasado que unha muller de clase media debería traballar 54 días máis que calquera home para poder achegarse ao seu salario anual. No noso país esta cifra crece 26 días até acadar os 80

UGT denunciou o ano pasado que unha muller de clase media debería traballar 54 días máis que calquera home para poder achegarse ao seu salario anual. Esta é a media europea, pero no noso país esta cifra crece 26 días até acadar o estarrecedor dato de 80 días.

Estes datos supoñen un claro retroceso no camiño da muller que tantos anos leva de loita constante e sufrida. É un lastre para o desenvolvemento económico en todos os seus ámbitos. Curiosamente o mesmo día no que tivo lugar a campaña da Xunta, Javier Arenas comprometíase a que se saía elixido presidente andaluz poñería en marcha un grupo de traballo con sindicatos e empresarios para analizar as diferenzas tan traumáticas en cuestión de soldos que existe no noso país. Arenas facía fincapé en que ditas eivas en pleno século XXI son inadmisíbeis.

Nese mesmo acto fixo Soledad Becerril recordou que dende os anos 70 se produciu un gran cambio sociolóxico con respecto á situación da muller no mundo laboral, no cal foi gañando terreo merecido. O problema é que a sociedade avanza a una velocidade abismal, o que provoca que a muller teña que facer fronte a novos problemas e novas situación, como a tan complicada conciliación da vida laboral e familiar.

Non poder decidir sobre o que ocorre no noso propio corpo é un obstáculo para calquera muller á hora de emprender un proxecto de vida

Na semana do 8 de marzo producíronse diversas manifestacións ao longo do país. Entre outras reclamacións, puidemos escoitar as queixas sobre a posíbel nova reforma da lei do aborto. Diversos grupos feministas saíron as rúas para defender o que consideran que é un retroceso nesta loita. Consideran que non poder decidir sobre o que ocorre no noso propio corpo é un obstáculo para calquera muller á hora de emprender un proxecto de vida. O proxecto de lei que pretende levar a cabo o novo goberno suprimirá a posibilidade da muller de elixir se quere abortar.

As mulleres avanzaron moito nas últimas décadas, pero isto non foi un traballo fácil. Moitas de nós tiveron que sufrir e loitar para que nestes instantes poidamos gozar dos dereitos que posuímos. Así mesmo, este traballo non está rematado, as novas xeracións temos que seguir na loita para que non nos pasen por riba.

Non podemos permitir que nos arrebaten todo o que as nosas devanceiras conseguiron. Por mínima que sexa a ollada que botemos ao pasado notaremos o gran cambio. Non podemos deixar que o tempo retroceda. Temos que avanzar cara adiante non perder posición. Rematamos coa frase dunha gran feminista e escritora galega, Concepción Arenal: “A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio hornado das súas facultades á metade do xénero humano”.

 

*Reportaxe realizada polos alumnos de Xornalismo da USC

Cristina Knight Asorey
Miriam Iglesias Otero
Diego Mariño Román
Miguel García Varela

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.