Paula Cabaleiro

Paula Cabaleiro

Paula Cabaleiro (Cangas do Morrazo, 1986) é licenciada en Belas Artes pola UVigo, cun Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas pola USC e Máster en Educación Secundaria pola UVigo. Actualmente é directora de exposicións no MAC Florencio de la Fuente (Huete, Cuenca) e comisaria do programa “Mulleres en Acción: Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra, dende 2015. Codirectora da feira de arte contemporánea Cuarto Público (Santiago, 2013, 2014, 2016), tamén foi coordinadora do programa de residencias artísticas Estudio Aberto de Rede Museística de Lugo (5 edicións). Comisaria de exposicións con diferentes institucións culturais, dende 2011 foi poñente en congresos e seminarios en toda España, e mesmo en Portugal. Comisaria de múltiples proxectos artísticos en espazo público como “CreaVigo” (2018, Vigo) ou “Somos rúa, facemos arte” (2017, Carballo). Participa tamén en proxectos de acción social implicados co tecido asociativo e con persoas con capacidades diferentes, destacando “Nos+otras en Red” no Museo Thyssen Bornemizsa de Madrid (2015-2017).