A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia é unha asociación de persoas xurídicas a favor do bo trato á infancia e adolescencia en Galicia. Nace para defender, protexer e promocionar os dereitos fundamentais da Infancia recollidos na Convención dos Dereitos do Neno de 1989.