  - As marchas contra a sentenza do procés conflúen nunha mobilización masiva en Barcelona- As 'Marchas pola liberdade' chegan á capital catalá e ateigan a manifestación central da xornada, na que participa máis de medio millón de persoas, segundo a Garda Urbana. Os incidentes e as cargas policiais volven a outros puntos da cidade, alleos á gran marcha 
  - As marchas pola liberdade dos líderes cataláns avanzan sen incidentes e Barcelona vive outra noite de disturbios- Máis de 20.000 persoas participaron este mércores nas 'Marxes per la llibertat', que avanzan dende varios puntos de Catalunya. Varias localidades sufriron disturbios durante a noite, con especial incidencia en Barcelona. Tras reunirse cos líderes de PP, Podemos e Ciudadanos, Sánchez advertiu de que non vai "sobreactuar" e subliña a "coordinación" dos Mossos coas forzas de seguridade do Estado 
  - A mobilización contra a sentenza do 'procés' atranca varias das principais infraestruturas catalás- O aeroporto de El Prat, onde xa se cancelaron uns vinte voos, convértese no epicentro da protesta contra o ditame do Supremo tras mobilizacións en varias localidades catalás que tamén cortaron estradas e vías de ferrocarrís 
