Rebeca Fernández

  • Touriñán: o paraíso que agarda pola colonización acuícola

    “Non podemos regalar o territorio, non podemos facer nada que logo sexa irreversible. Non podemos entregar o máis definitorio de nós mesmos, unha das costas máis ricas, especiais e singulares do mundo”. Estas palabras expresadas por Manolo Rivas en 2005 resumían o sentir dun movemento que comezaba a agromar: o anti Plan Acuícola. Case sete anos despois, e tras unha longa travesía legal, a costa galega volve estar no punto de mira. E Touriñán como punta de lanza.

     

  • A Xustiza cuestiona o plan da Xunta de permitir a instalación de piscifactorías en espazos protexidos

    Toda a costa galega poderá acoller piscifactorías, independentemente do seu grao de protección. Esta premisa, defendida pola Xunta no futuro Plan Director de Acuicultura Litoral, volve estar cuestionada, agora legalmente. O TSXG estima que a alteración ou destrución dos valores paisaxísticos e ambientais son motivo suficiente para anular a instalación.