Santiago Agrelo, o bispo galego que chegou a Tánxer votando ao PP e volve transformado polos migrantes
Agrelo retírase tras 12 anos a denunciar dende dentro da Igrexa a situación das persoas migrantes en Marrocos. "Non é o mesmo ler o Evanxeo nunha catedral que nunha 'patera', eu tengo lelo na 'patera' para sempre", explica para resumir a súa transformación persoal derivada da atención ás migracións na cidade norteafricana