Denuncian o uso dunha mámoa en Pantón como rampla de saltos nunha competición de motos

Mariña Patrimonio denuncia o uso da Mámoa de Guítara (Pantón) como rampla de saltos en competicións de motos © Mariña Patrimonio

Este xacemento arqueolóxico, catalogado e protexido por Patrimonio desde o ano 1990, sitúase no Monte de Sampaio, en Guítara

Adega e Mariña Patrimonio presentaron perante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural unha denuncia pola utilización da "Mámoa de Guítara 1", situada en Pantón, como rampla de saltos en probas motociclistas de enduro

Este xacemento arqueolóxico, catalogado e protexido por Patrimonio desde o ano 1990, sitúase no Monte de Sampaio, en Guítara. As dúas entidades sinalan que nas últimas actualizacións de varios visores de ortofotografías se amosan imaxes aéreas onde se aprecia claramente que na parcela citada existe o trazado dun circuíto para motos. 

Efectos das competicións na Mámoa de Guítara (Pantón) © Mariña Patrimonio

Nestas imaxes vese que o trazado do circuíto pasa por riba do túmulo catalogado e protexido pola Dirección Xeral do Patrimonio. Adega e Mariña Patrimonio subliñan que segundo as noticias de prensa, as probas motociclistas de enduro do Alto de Guítara, nas que chegaron a participar 250 motos, veñen celebrándose dende o ano 2022, e a última edición tivo lugar en marzo de 2024.

As asociacións denuncian estes feitos por considerar que as carreiras de motos sobre este ben patrimonial protexido "probablemente non conten coa preceptiva autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural". Piden instar organización do evento a cambiar a localización

Estas competicións poden verse en varios vídeos en YouTube "que deixan claro que este monumento megalítico é utilizado como rampla para os saltos das motos". "É importante ter en conta que esta estrutura funeraria da Mámoa de Guítara, construída no Neolítico, pode ter unha antigüidade duns 5.000 anos", alertan

As asociacións denuncian estes feitos por considerar que as carreiras de motos sobre este ben patrimonial protexido "probablemente non conten coa preceptiva autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural". Así mesmo, solicitan que se tomen "de inmediato" todas as "medidas necesarias" para evitar que no futuro estas probas afecten o xacemento arqueolóxico ou a súa contorna de protección. 

Outra imaxe das competicións que se realizan na Mámoa de Guítara (Pantón) © Mariña Patrimonio

Finalmente, pídese que se inste á organización do evento a cambiar a localización destas competicións e lémbrase que no Monte de Sampaio, en Guítara, hai outras 9 mámoas catalogadas.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.