As Neves e Monção proxectan a construción dunha ponte colgante sobre o río Miño, que unirá as dúas localidades e que poderá ser usada por peóns e bicicletas. A instalación sería realizada entre o Miradoiro de San Francisco, preto de Porto Maior, e a freguesía da Bela, na parte lusa .
A ponte conectará, ademais, o Sendeiro dos Pescadores coa Ecopista portuguesa
A ponte conectará, ademais, o Sendeiro dos Pescadores (tamén denominado “Ruta das Pesqueiras”, que une Arbo e As Neves) coa Ecopista que na actualidade vai de Monção a Caminha.
Este luns, os alcaldes de Monção e das Neves, Antonio Barbosa e Xose Manuel Rodríguez Méndez visitaron xunto cos técnicos os lugares onde se proxecta a construción da ponte, que será posta en marcha a través do programa de cooperación europeo POPTEC e estará establecido dentro do Estudo de Mobilidade Transfronteriza, que impulsa a Deputación de Pontevedra, que destaca que a infraestrutura será un "elemento singular da zona" e un "potente atractivo turístico".
Será a sétima ponte sobre o Río Miño que unirá Galicia e Portugal
Será a sétima ponte sobre o Río Miño que unirá Galicia e Portugal, despois das dúas existentes entre Tui e Valença, a que cruza o río entre Arbo e Melgaço, a inaugurada en 1995 entre Salvaterra e Monção e a Ponte da Amizade entre Vila Nova de Cerveira e Goián (Tomiño) construída en 2004. Está en proxecto, ademais, unha nova ponte entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira.