Salvaterra e Monção compartirán servizos públicos

Ponte entre Salvaterra do Miño e Monçao CC-BY-SA Kanano

Salvaterra do MiñoMonção celebrarán o vindeiro sábado 28 o vinte aniversario da inauguración da ponte internacional sobre o Miño que une as dúas localidades. Sobre a propia ponte os alcaldes das dúas vilas asinarán un protocolo de irmanamento que ademais do seu valor simbólico implica unha serie de compromisos de colaboración, e converterá a Salvaterra-Monção na terceira eurocidade da raia, uníndose a Tui-Valença e a Verín-Chaves.

Salvaterra e Monção potenciarán conxuntamente os seus sectores turístico, vitivinícola, cultural, deportivo e empresarial. Entre outras cousas, crearán rutas turísticas conxuntas e visitas combinadas a pazos, museos ou igrexas. Tamén se comprometen a compartir as súas instalacións deportivas, empresariais e culturais, para ofertar máis serviczos aos seus cidadáns e cidadás e acadar un aproveitamento óptimo dos equipamentos, procurando obter economías de escala. Así, por exemplo os veciños e veciñas de Salvaterra poderán usar a piscina municipal de Monção ou a súa biblioteca, que mesmo xa conta na actualidade cunha sección de libro galego. Así mesmo, prevese a organización conxunta de actividades culturais, e non se descartan outros acordos ligados á promoción económica ou ás políticas para a mocidade.

Tamén se comprometen a compartir as súas instalacións deportivas, empresariais e culturais, para ofertar máis serviczos aos seus cidadáns e cidadás e acadar un aproveitamento óptimo dos equipamentos, procurando obter economías de escala

"Hoxe a ponte é coma unha rúa de 700 metros con casas nos dous extremos e a actividade e os espazos están xa unificados", destacou hai uns días Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra. "Sería importante chegar a compartir os modelos educativos e que houbese escolarización de nenos galegos aquí e viceversa, ou que os veciños de Salvaterra puidesen vir aquí o centro de saúde; aínda hai moito que andar", subliñou o rexedor portugués Augusto Domingues.

A ponte, na que se descubrirá unha placa, pasará a denominarse Ponte Internacional Joâo Verde e Amador Saavedra, en homenaxe aos dous poetas locais máis representativos dunha e outra vila, que ademais escribiron sobre a proximidade física e a separación artificial dunha e outra beira: "Vendo-os assim tão pertinho/ A Galiza mai-loo Minho/ São como dois namorados/ Que o rio trar separados/ Quari desde o nascimento/ Deixa-los, pois, namorar/ Já que os pais para casar/ Lhes não dão consentimento", escribiu o poeta de Monção João Verde. "Se Dios os fixo de cote/ um para outro e teñen dote/ Em terras emparescadas/ Pol´a mesma auga regadas/ Como u sin consentimento/ D´os país o tempo ha chegar/ Em que teñam que pensar/ Em facer o casamento", respondeulle o salvaterrense Amador Saavedra.

 

20 anos de Ponte...nas Ondas

PNO conmemorará a efeméride no mesmo lugar no que naceu, a Casa da Cultura de Salvaterra de Miño, co descubrimento dunha placa conmemorativa e cun programa de radio especial

Esta fin de semana tamén se celebra o 20 aniversario da iniciativa Ponte…nas Ondas! (PNO), que naceu en marzo de 1995, coincidindo precisamente coa inauguración da ponte sobre o río. O venres 27 PNO conmemorará a efeméride no mesmo lugar no que naceu, a Casa da Cultura de Salvaterra de Miño, co descubrimento dunha placa conmemorativa e cun programa de radio especial no que intervirán moitos dos colaboradores habituais e persoas que nestas dúas décadas participaron na iniciativa.

Aquel 29 de marzo de 1995 a ponte que unía fisicamente as dúas beiras do río era recibida por outra ponte, feita de palabras, a través dunha maratón de 12 horas de radio, emitidas dende dous estudios situados na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño e na emisora Ecos da Raia, en Monção, e realizadas por rapaces e rapazas dunha ducia de centros educativos de Galicia e do norte de Portugal.

Debuxo infantil realizado coa inauguración da ponte sobre o Miño Dominio Público Ponte nas Ondas!
Acordo entre os alcaldes das dúas localidades © Fronteirashistoriasdaraia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.