A Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (Cemma) alerta da elevada mortalidade dos arroaces nas costas galegas. "Nos últimos anos vense observando un incremento no número de arroaces varados mortos, una situación que se cabe é máis grave ao aumentar os casos de mortalidade infantil e de femias adultas, o que pode influir negativamente na situación poboacional da especie", sinala a entidade.
A captura accidental segue a ser a principal causa de morte e varamento con máis do 50% dos casos examinados e con causa de morte coñecida
A captura accidental segue a ser a principal causa de morte e varamento con máis do 50% dos casos examinados e con causa de morte coñecida, seguido da mortalidade infantil cun 22% e enfermidades patolóxicas nun 10% dos casos, e incluso nalgún caso dos varamentos vivos atendidos foron comprobados indicios de captura accidental.
En 2018, segundo os datos obtidos a través do seguimento que fai CEMMA nas distintas Rías dende embarcación e costa, complementado co traballo da rede de varamentos, naceron nove cachorros, pero catro deles morreron nos primeiros meses de vida. Ademais, outros catorce xuvenís e adultos morreron nesta zona, polo que foi outro ano con máis mortes que nacementos dentro da poboación. No norte de Galicia morreron 4 adultos máis, aínda que alí non se fixo un traballo específico para control de nacementos, polo que non se pode valorar a situación local.
O caso máis significativo do ano pasado foi o dunha femia que estivo levando o corpo do seu cachorro morto durante tres días na Ría de Vigo, acompañada doutros individuos
O caso máis significativo do ano pasado foi o dunha femia que estivo levando o corpo do seu cachorro morto durante tres días na Ría de Vigo, acompañada doutros individuos. Este comportamento, a modo de dó, xa se ten observado noutras ocasións nesta e noutras especies de cetáceos.
CEMMA conclúe que "a poboación de arroaces en Galicia non está en risco polo momento, pero esta situación persistente de alta mortalidade, superando o número de exemplares que nacen, pode converterse nunha serie ameaza".
Constituída legalmente en maio de 1992 pero cun par de anos previos de traballo no Museo Luis Iglesias de Historia Natural, da Universidade de Santiago, a CEMMA é desde finais desa década, grazas a convenios coa Xunta, a única organización responsable da recuperación dos mamíferos mariños que aparecen varados na costa galega. E non só mamíferos, pois tamén atenden golfiños, tartarugas e outras especies. Dende febreiro de 2003 a CEMMA conta cun local propio en Nigrán e emprega habitualmente para unha segunda fase de recuperación dos animais as instalacións que o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) ten na Illa de Arousa, ou o acuario do Grove.