O Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña (UDC) realizará este luns unha demostración práctica do funcionamento e particularidades do servizo de teleasistencia avanzada denominado Telexerontoloxía. Trátase dun innovador sistema de apoio xerontológico a domicilio baseado nas novas tecnoloxías de teleasistencia avanzada dirixido ás persoas maiores (e cuidadores/as) que vivan soas ou presenten perda de capacidade funcional e/ou cognitiva.
O proxecto pretende a prevención e detección precoz da dependencia e a asistencia a distancia desde múltiples especialidades científicas, polo que é sen dúbida un sistema de apoio social e sanitario. O grupo cre necesario "desenvolver distintas iniciativas baseadas nas máis avanzadas tecnoloxías para acadar sistemas de soporte para as persoas maiores e os seus coidadores e coidadoras, facilitando a permanencia no seu domicilio, atrasando a institucionalización, sempre máis traumática e custosa, e fomentando o envellecemento activo ou aforrando custos económicos, sociais, administrativos...".
O proxecto pretende a prevención e detección precoz da dependencia e a asistencia a distancia desde múltiples especialidades científicas, polo que é sen dúbida un sistema de apoio social e sanitario
Telexerentoloxía valora cada usuario de xeito individual e personaliza as actuacións terapéuticas necesarias en cada momento, analizando o seu estado cognitivo, a tensión arterial, pulso, nivel de saturación de osíxeno en sangue e outros parámetros, ademais de facilitar a interacción por videoconferencia, fomentando paralelamente a atención centrada na persoa e o envellecemento activo. Todo isto mediante unha conexión a Internet e os compoñentes de Telexerontoloxía: unha pantalla táctil de uso moi sinxelo e intuitivo; unha terminal central que conecta todos os dispositivos e posibilita a comunicación exterior, así como a súa xestión remota desde o Centro de Control onde un equipo de expertos en xerontoloxía atende as 24 horas do día calquera incidencia ou consulta; finalmente unha pulseira de alarma máis avanzada que as convencionais que activa un sistema de videoconferencia co Centro de Control, priorizando o historial clínico do usuario, que figura en devandito centro.
Telexerontoloxía ofrece tamén servizos como o adestramento e valoración cognitiva a través dunha aplicación denominada Telecognito
Telexerontoloxía ofrece tamén servizos como o adestramento e valoración cognitiva a través dunha aplicación denominada Telecognito, rehabilitación por vídeo e contidos estáticos.