Un dos primeiros contratos da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, que vén de ser creada pola Xunta, segue apostando polo software propietario. O concurso público para o "mantemento, licenzas e soporte de produtos avanzados de xestión de bases de datos e servidores de aplicacións" adxudicará o subministro por un custe de case dous millóns de euros (1'7 millons máis IVE), que podería aforrar de ter migrado a un sistema de software libre.
A Junta de Extremadura aforra anualmente 37 millóns de euros polo uso de licenzas libres
As asociacións de software libre e sindicatos e grupos de empregados públicos veñen defendendo dende hai anos a implantación do software libre na administración galega, por moitos motivos, entre o que destaca, sobre todo en tempos de crise, austeridade e recortes nos gastos e investimentos públicos, o menor custe destes entándares. Por exemplo, A Junta de Extremadura aforra anualmente 37 millóns de euros polo uso de licenzas libres.
O Goberno de Núñez Feijoo gabouse en varias ocasións da súa aposta polo software libre, poñendo como exemplo o desenvolvemento de Mancomún, o seu Plano de Software Libre de Galicia, ou o Plano Abalar. E tamén salientou que se unificaronse os contratos de software privativo, aforrando un 37% no pago de licenzas. Porén, a Xunta seguiu renovando as licenzas dos programas privativos, e deixou de lado calquera intención de iniciar unha migración a sistemas abertos.
Luís Alberto Fernández, de Agasol (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre), recoñece que "si se están facendo cousas a prol do software libre" pero di que lle gustaría "un plan de acción máis claro e que os avances fosen máis rápidos". Fernández salienta que a medio e longo prazo o uso de programas de licenza libre supón un grande aforro, aínda que a curto prazo, debido aos custes de migración, é algo máis caro. Pero o software libre ten outras vantaxes, comezando por cuestións de seguridade -moito maior cos códigos abertos-, a autonomía dos proveedores tecnolóxicos ou a superación da fenda dixital. "É unha mágoa, e máis en tempos de recortes, porque estes son cartos que escapan de Galicia e que xeran moi pouco beneficio aquí", di.
Para Fernández, as razóns que explican que as administracións non realicen a migración aos programas de código aberto poden ser varias, dende o descoñecemento até as presións das compañías de software privativo
Para Fernández, as razóns que explican que as administracións non realicen a migración aos programas de código aberto poden ser varias, dende o descoñecemento até as presións das compañías de software privativo. Escobar recoñece que estes cambios son complicados; "por exemplo, en Brasil, mudar o navegador para usar Firefox levou ano e medio". Polo tanto, aposta por plans a medio e longo prazo, cunha vontade clara e dando os primeiros pasos, anticipándose á finalización dos prazos das licenzas.