As empresas galegas de biotecnoloxía buscan investidores

Presentación do Campus Vida © USC

O Igape e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) organizan este martes unha Lonxa de inversores do sector biotecnolóxico, unha iniciativa que pretende atraer capital interesado en incentivar proxectos do sector biotecnolóxico, con elevado potencial de crecemento.

O encontro está dirixido a emprendedores e persoal directivo de empresas biotecnolóxicas galegas interesadas na posta en marcha dun determinado proxecto emprendedor ou conseguir unha consolidación no mercado do mesmo. De igual xeito, diríxese a entidades inversoras, xa que terán a oportunidade de coñecer proxectos biotecnolóxicos de interese para posibles inversións financeiras nos mesmos. A lonxa contará coa participación de 8 grupos de inversión dispostos a impulsar proxectos emprendedores de base biotecnolóxica: UNIRISCO/UNINVEST, XES Galicia, Vigo Activo, La Caixa Capital Risc, Ysios Capital, Addquity, Cross Road Biotech e PrincipiaTech.

A Lonxa permitirá ás persoas emprendedoras e ás empresas máis innovadoras do sector biotecnolóxico galego presentar o seu plan de negocio ante un conxunto de inversores baixo o esquema networking

Baixo un formato dinámico, na lonxa haberá encontros cara a cara entre emprendedores de proxectos, ligados básicamente ó eido investigador das Universidades e Fundacións galegas e empresas biotecnolóxicas galegas con potenciais inversionistas. A Lonxa permitirá ás persoas emprendedoras e ás empresas máis innovadoras do sector biotecnolóxico galego presentar o seu plan de negocio ante un conxunto de inversores baixo o esquema networking, e de forma complementaria, daranse a coñecer os diferentes produtos e líñas de financiamento para o apoio de proxectos emprendedores biotecnolóxicos e as entidades representantes de produtos de financiamento de capital privado.

 

Presentación do Campus Vida © USC

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.