E por fin, twitter en galego!

Anuncio do Centro de Tradución Dominio Público Twitter

Hai case dous anos Twitter comezou a traballar nas versións da súa páxina noutros idiomas distintos do inglés. Escolleu a mesma fórmula que xa adoptara Facebook, de xeito que son os propios usuarios da plataforma os encargados de realizar a tradución á lingua que queiran. Pero antes Twitter tiña que darlles acceso ás linguas aspirantes, en función do seu número de usuarios entre outros factores, ao servizo de tradución para que aí si, os tuiteiros completen o proceso. Foi o inicio dun longo camiño que hai unhas horas se completou con éxito para a lingua galega.

Para mudar a lingua abonda con entrar en settings e despois en account para cambiar en language para o galego. Hai que ter en conta que a versión en galego aínda está en beta. Polo tanto, pode haber erros e os termos poden ser aínda postos en discusión a través do Centro de Tradución. Dende agora Follow é SeguirTweet dise Chío, os Trends son Tendencias e cando un chío é repetido por un usuario dise que foi rechiado.

O proceso aínda non está completo. Este mesmo mércores Twitter tamén anunciou que se poñían en marcha as versións en catalán e vasco para os dispositivos móbiles. A versión en galego terá que agardar uns meses

Foron moitos meses de peticións, email cruzados e de traducións, votacións e revisións, dende setembro do pasado ano cando Twitter autorizou o inicio do proceso de tradución ao galego. Ás veces deu a impresións de que este día non daba chegado, pois despois do traballo de tradución de termos e expresións, que se completou con rapidez, quedaba un proceso máis farragoso de votación e validación das propostas, no que o traballo conxunto da comunidade foi fundamental. E mesmo aí houbo obstáculos inesperados e mesmo pareceu que o Twitter en galego topara co Vaticano e déronse casos de supostos boicotadores, que escacharon parte do traballo feito.

O proceso aínda non está completo. Este mesmo mércores Twitter tamén anunciou que se poñían en marcha as versións en catalán e vasco para os dispositivos móbiles. A versión en galego terá que agardar uns meses.

 

Dous anos de traballo

É un éxito colectivo da comunidade tuiteira e sobre todo dun grupo máis activo de tradutores

Cando a empresa comezou a falar da posibilidade de abrir o seu servizo a outras linguas, un grupo de internautas puxeron en marcha a iniciativa Twitter en Galego, co obxectivo de "activar a comunidade twitteira galega para reclamar a posibilidade de tradución ao galego facendo ver o peso que ten esta lingua no seu sistema e que hai un certo interese en dispoñer desta funcionalidade, ademáis de demostrar a dispoñibilidade dos usuarios para enfrontarse a unha tradución conxunta do sistema". Neses meses, conseguiuse que #twitterengalego fose TT a nivel estatal, e forxouse unha certa sensación de comunidade, ademais de quedar claro que existían mans e cerebros dispostos a traballar nas traducións.

Foron moitos meses de peticións, email cruzados e de traducións, votacións e revisións, dende setembro do pasado ano cando Twitter autorizou o inicio do proceso de tradución ao galego. É un éxito colectivo da comunidade tuiteira e sobre todo dun grupo máis activo de tradutores. Xa en setembro se criticara que dende a Xunta se lanzase a idea de que o twitter en galego chegaria pola acción da administración cando fora a intensa actividade da comunidade tuiteira galega a que acadou o obxectivo.

Anuncio do Centro de Tradución Dominio Público Twitter

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.