O Goberno vén de facer gala, unha vez máis, do seu analfabetismo dixital. De todas as medidas posibles, decidiu asegurar beneficios a un modelo de negocio obsoleto e multar á cidadanía. Se antes se propuxo limitar a mobilización dixital coa Lei de Seguridade Cidadá, agora pretende restrinxir o debate público na rede. É revelador, cando menos, que entre os contidos susceptíbeis de ser multados se contemplen os de "creación de opinión pública". Conciben como delito debater unhas informacións, remitíndose á súa lectura. Temos, aínda por riba, que compensar, non só o seu autor senon a unha sociedade de xestión de máis que dubidosa representatividade.
O texto oficial da reforma da Lei de Propiedade Intelectual destaca que os contidos que teñan unha finalidade "informativa, de creación de opinión pública ou de entretemento" non requiren autorización, pero os editores poden percibir unha compensación equitativa. É o que supón a aplicación do contido desta medida que, nun alarde de transparencia, o Goberno decidiu non facer público hasta unhas semanas despois de ser presentada en rolda de prensa. Esta lexislación permite ligar a contidos protexidos sen necesidade de autorización previa pero, iso sí, os responsábeis poderán facerte pasar por caixa requirindo unha compensación polos dereitos de propiedade intelectual.
os contidos que teñan unha finalidade "informativa, de creación de opinión pública ou de entretemento" non requiren autorización, pero os editores poden percibir unha compensación equitativa
A maioría dos diarios dixitais xa se amosaron contrarios a esta reforma. Segundo a lei, este dereito a cobrar será irrenunciábel e farase efectivo a través de entidades de xestión como VEGAP, para imaxes, e CEDRO, unha entidad similar á SGAE, dedicada á administración dos dereitos de autor e de propiedade intelectual de obras textuais protexidas, entre os que se atopa AEDE (Asociación de Editores de Diarios Españoles). Estas entidades serán as máis beneficiadas, xa que aínda que os medios autoricen a terceiros a enlazar os seus contenidos sen compensación económica, CEDRO cobrará por eles. É por tanto unha medida que limita a liberdade dos medios para compartir os seus contenidos con agregadores de enlaces que, até o momento, revertía en milleiros de visitas ás que nin os membros de AEDE renunciarían.
Esta reforma traerá consigo a posíbel desaparición de servizos en internet útiles para os medios e os lectores, non se limita só a Google. A pesar de que a empresa norteamericana aínda non fixo declaracións ao respecto, a directora xurídica de Google España, María González, xa se encargou de aclarar nunha entrevista que “é un tema voluntario. Se non queres estar en Google News, non tes por que estar, nunca imos indexar noticias que o editor non queira”.
Menéame xa se posicionou a través dun comunicado. Afirman que “calquera taxa que non sexa simbólica porá en peligro a nosa supervivencia, polo que non nos quedará máis remedio que tomar medidas como bloquear os enlaces a periódicos locales, marchar de España ou pechar. Con calquera desas opcións, ninguna empresa nin fiscalidade española salirá beneficiada. Tampouco a cultura, nin a información e o debate público, nin a liberdade de expresión, nin o tan recorrido sostén da democracia”. Destacaron que se os agregadores toman medidas como bloquear todos os medios españois, “os máis prexudicados serán os pequenos e os novos medios dixitais que non esean dacordo coa proposta e que prefiran continuar sendo enlazados”. Por traducilo en datos: cada visita única dende Menéame xera para o sitio enlazado uns ingresos que son case vinte veces superiores aos que xera ao propio portal de enlaces.
Chamarlle taxa Google confunde; deberíamos chamarlle, por exemplo, taxa Menéame ou taxa Chuza
Polo tanto, chamarlle Taxa Google confunde: deberíamos chamarlle, por exemplo, Taxa Menéame ou, en Galicia, Taxa Chuza! aínda que inclúe moitos máis. Que pasará con Twitter ou Facebook? Gran parte da súa actividad é a compartición de enlaces, aínda que a maioría dos medios non os incluísen como posíbeis perxudicados da lei. As medidas previstas van afectar moitísimo máis a quen non conciben internet como negocio, senon como foro social.
As diferenzas entre Google e outros agregadores
Tomemos, como exemplo, a comparación entre Google e Menéame ou agregadores semellantes. A primeira é unha corporación privada. Menéame, un agregador de noticias que, pese a ter récord de visitas e de páxinas vistas, apenas conta con ingresos e tivo 10.000 euros de perdas o pasado ano. A primeira pode pagar o que sexa (nin o vai notar), ao segundo grupo de actores pode afundilos.
- Google ofrece noticias doutros medios, para inserirlles publicidade propia e, de paso, promocionarlle a súa marca e o resto de produtos e servizos que ofrece baixo o mesmo paraugas. Menéame só saca e ofrece beneficios intanxibles, inmateriais, dos que ninguén se pode apropiar: que a comunidade reconoñeza o teu karma, é dicir o teu bo traballo, que o valore dándoche máis protagonismo e máis peso ás tuas valoracións.
- Google prioriza o máis lido: dá máis visibilidade ao que xa recibiu; non comenta, non completa, non pon en relación novas e temáticas, moito menos estas informacións coas comunidades ás que lles afectan ou interesan.
Tŕatase do mesmo xeito á Coca Cola e a unha ONG, non se distingue entre economía privada e social
En definitiva, trátase do mesmo xeito a Coca Cola que a unha ONG. Non se distingue entre economía privada e social, porque se quere que Internet sexa como un centro comercial con todos nós distribuidos por plantas e comercios segundo os nosos perfiles dixitais: hábitos de consumo.
Como contraste, e sen defendela, está a solución francesa. En absoluto contempla a posibilidade de seguir pagando una taxa ou canon a empresas con modelos de negocio en vías de extinción, senon que obriga a Google, grazas a un acordo firmado en 2013, a poñer un fondo de 60 millóns de euros para a reconversión ao mundo dixital, fomentar a innovación ou explorar novos modelos de negocio na web. Non se pode seguir obviando que a prensa precisa unha refundación e reconversión a fondo, un cambio de planteamentos e un reaxuste drástico do modelo de negocio. Xa está ben de poñer parches a algo que perde auga por todas partes.
Esta medida enmárcase dentro da presión que o Goberno está exercendo sobre empresas xornalísticas en bancarrota e en crise de lexitimidade
Esta medida enmárcase dentro da presión que o Goberno está exercendo sobre empresas xornalísticas en bancarrota e en crise de lexitimidade. Recentemente tivo lugar o cese de Pedro J. en El Mundo ou o "informe Caño" en El País. Contólanse os créditos bancarios e asegúranse así as liñass editoriais, máxime estando tan cerca das eleccións europeas e a un ano das municipais e xerais en España: entrará en vigor xusto dentro de 12 meses, casualmente antes destas citas electorais. Parece, por tanto, un intento de gañar o beneplácito dos medios en ambas campañas, creando unha lei a medida para supostamente garantirlles certos ingresos polo seu enlace online. No entanto, isto esconde tamén que a crise do sector mediático se debe ao seu desfasado e ruinoso modelo nos grandes periódicos.
En resumo, estamos ante unha lei que amordaza os medios sociais na rede, inviste recursos a fondo perdido nun modelo de negocio ruinoso, asegura o bozal aos medios convencionais en tempos electorais e aínda que está pasando inadvertido, contempla tamén unha taxa ao coñecemento, un canon ás universidades, que daría para outra reflexión…