Reclamando (outra vez) xustiza para Couso once anos despois
A dous días do 11º aniversario do seu asasinato en Iraq, centos de persoas concéntranse fronte a embaixada dos EUA para reivindicar investigación e xustiza. "Tamén o mataron terroristas, aínda que vestidos de militares estadounidenses", di a nai do cámara galego.
Primavera de dignidade multicor
A columna galega camiña pola capital española xunto ás demais comitivas procedentes do resto do Estado na manifestación central das Marchas da Dignidade baixo unha férrea vixilancia policial. Atendendo á superficie ocupada pola mobilización, esta foi secundada por máis de 500.000 persoas. Galería de imaxes e vídeo no interior
Enlazar non é delito!
A reforma da lei de propiedade intelectual prevé impoñer o pagamento por ligar contidos en internet e equipara a medios sociais con grandes empresas, cuxos propietarios poderán recibir compensacións polas ligazóns aos seus contidos.
A xustiza dálle a razón ao persoal de Povisa, que desconvoca a folga
O Xulgado do Social número 5 de Vigo estimou a primeira das demandas sindicais contra a imposición do convenio provincial no hospital Povisa. Esta sentenza obriga á empresa a retomar o convenio propio e a devolver os cartos descontados ao persoal. O comité de empresa acordou esta tarde desconvocar a folga que iniciara o día 19.
Propoñen dez medidas para unha nova política forestal
Varios dos colectivos que forman a Asamblea Galega Contra o Lume presentaron no rexistro da Xunta máis de 2.600 firmas co obxetivo de cambiar a política forestal "que ano tras ano arrasa o noso país con centos de lumes".
"Hai moito traballo por facer en eidos, coma o xénero, que non teñen resultados visibles e a curto prazo"
Noelia Antelo, Diana Mandiá, Aida Mosquera e Ángela Muñiz, catro estudantes do III Seminario Xornalismo social e cooperación internacional, acaban de voltar de Marrocos despois de coñecer de primeira man a actividade e a loita de moitas organizacións en defensa dos dereitos humanos e do desenvolvemento.
O Sindicato de Estudantes convoca tres días de folga en outubro contra a Lei Wert
Tras a comparecencia do ministro Wert para explicar, un mes despois de aprobalo, o novo decreto de bolsas, o Sindicato de Estudantes chama "á rebelión contra a inxustiza deste goberno" e convoca tres días de folga para os días 22, 23 e 24 de outubro.
Moncho Valcarce, un crego con "fe revolucionaria"
Este sábado As Encrobas acolle unha homenaxe popular ao cura que se distinguiu polo seu compromiso político e humano. Ramón Muñiz, presidente da Irmandade que organiza o acto, fálanos da súa actividade social e da súa vida no vinte aniversario do seu falecemento.
Os profesionais da loita contra o lume din "estar fartos" das "mentiras" da Xunta
Apropiga detalla as eivas do servizo de extinción e prevención de incendios en Galicia: "brigadas incompletas e pouco profesionais, recortes, condicións laborais precarias, desorganización, improvisación e mentiras sobre a situación actual que a Consellería conta á opinión pública".
Vigo rende homenaxe aos mártires de Pereiró
O cemiterio vigués de Pereiró acolle este martes ás 17 horas un acto de homenaxe ás oito persoas, destacados dirixentes de esquerdas na comarca, fusiladas o 27 de agosto de 1936.
Ourense pasa outra fin de semana entre lume
Esta fin de semana produciuse o maior incendio no que vai de verán. Arderon 2.200 hectáreas en menos de 48 horas nos municipios de Cualedro e Monterrei, en Ourense.
"O abandono do monte en Galicia é condicionante para o lume"
Cada verán presenciamos en Galicia unha vaga de lumes "que en gran medida se podería evitar" de ter o "territorio limpo" afirman o Sindicato Labrego Galego e Unións Agrarias