"Precisamos máis recursos se queremos que Galicia sexa un país con futuro e non condenado ao fracaso"
Os órganos de representación do persoal das tres universidades galegas presentaron ante o Valedor unha queixa para expresar o seu rexeitamento aos recortes orzamentarios no sistema universitario galego.
"As SMS, as redes sociais ou os chats conforman novos xéneros textuais"
Estefanía Mosquera Castro, licenciada en Filoloxía Galega, presenta o seu libro Lingua galega e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS o vindeiro 25 de xullo no marco do Festigal.
Pode ser este un verán de lumes?
Os expertos afirman que de darse condicións climatolóxicas adversas, no mes de agosto podería producirse unha vaga de lumes semellante á de 2006.
A pesar da crise e da emigración, Galicia segue sendo país de acollida
"Galicia ten historias de resistencias, un pobo con forza de loitar". Así pensan Rebeca, Avelino, Gonzalo e Lorena, catro mozos e mozas que decidiron facer de Galicia o seu fogar. A pesar de que dende 2012 o número de inmigrantes caeu drasticamente, as terras galegas seguen a ser un reclamo para moitos e moitas.
Arquivos fotográficos, “o pasado sempre forma parte do futuro”
As vilas non queren esquecer o seu pasado. O Concello de San Sadurniño, o de Rois ou o de Mesía son tres exemplos de municipios que realizaron unha campaña de recuperación fotográfica da historia das súas vilas e veciñanza.
A arte urbana toma as rúas de Ordes
Celébrase a sexta edición de DesOrdes Creativas, o Festival Internacional de Arte na Rúa na vila de Ordes. Mr. Thoms, Escif, Zosen ou o galego Isaac Cordal son algúns dos 13 participantes que realizarán intervencións artísticas por todo o casco urbano. Durante toda a semana tamén se realizará un ciclo de curtametraxes e pezas documentais, así como un concerto na clausura do festival.
"Os estudantes non precisan caridade, precisan xustiza e igualdade de oportunidades"
Os recortes nas axudas, as escasas saídas laborais e o risco de pobreza son algúns dos obstáculos cos que teñen que loitar os estudantes universitarios. Aumenta o abandono e a "caridade" mentras os estudantes piden "xustiza e igualdade de oportunidades".
Iago, Duarte, Miguel e Enrique José: catro historias da emigración galega
Un total de 124.845 persoas de entre 18 e 34 anos abandonaron Galicia entre 2002 e 2011. No 2012 outras 25.000. Entre estas cifras atópanse catro mozos galegos que como os demáis decidiron deixar a súa terra en busca dun futuro mellor. Son as historias de Enrique José, Duarte, Iago e Miguel. Catro historias entre todas as que quedan por contar.
Galicia, o Taiwán do sector audiovisual español
A Coordinadora de Profesionais do Audiovisual Galego advirte do "dano" que o modelo de producción do proxecto El Faro causará no sector e na televisión pública precarizando as condicións laborais dos traballadores e esquecéndose da identidade cultural.
Galicia lidera a acollida de nenos saharuis no Estado
Galicia acolle máis de 300 nenos saharauis co programa Vacaciones en Paz 2013 e é a comunidade autónoma que máis nenos recibe por número de poboación.
De onde veñen os deputados e deputadas?
O dereito, o maxisterio as ciencias económicas e empresariais son dúas das ramas que mais predominan no Parlamento Galego. O perfil dos deputados e deputadas apenas varía entre os diferentes partidos, unha gran maioría, 88,9%, ten estudos superiores e xa se adicaba á política antes de entrar no Parlamento.
"A vida dun nadador, en termos económicos, é moi difícil"
Óscar Pereiro, un arzuán de apenas 21 anos convértese nunha das promesas da natación profesional. Compite na liga estadounidense NCAA, o ano pasado proclamouse campeón de España en 50 e 100 metros costas, conseguiu récord de España en relevos nos Xogos Olímpicos do Mediterráneo en Turquía e agora prepárase para Río 2016