Afectados por preferentes comezan a retirada conxunta de fondos de NCG
Os afectados polas preferentes realizaron unha retirada conxunta de fondos de NCG Banco ao berro de "non pararemos ata que cobremos". Pretenden continuar esta acción cada dous venres até conseguir recuperar todo o que lles queda, xa que moitos están "obrigados a ser clientes".
"Os nenos do rural non teñen os mesmos dereitos que os de cidade"
A Plataforma pola defensa da Montaña e do Rural camiña de Compostela a Fisterra en defensa dunha educación pública e gratuíta “de todos e para todos”. Pretenden rematar o 7 de setembro para coincidir co comezo das clases. A principal demanda é que se cumpran as necesidades básicas.
Os que teñan cartos "seguirán comendo carne de verdade" e os que non "terán que acudir a esta"
A presentación da primeira hamburguesa sintética e outras investigacións no mundo dos alimentos transxénicos levan o Sindicato Labrego Galego a amosar a súa oposición a este "modelo de produción tiránico" que favorecerá "a exclusión social" e o aumento "do peche das explotacións".
Esíxenlle a Lugo que mellore as súas axudas de emerxencia social
Representantes do Grupo Dereitos Sociais e Renda de Lugo reúnense co Concello para poñer de manifesto a alarmante e crecente situación de pobreza e exclusión social "que se está a observar cada vez máis entre os veciños e veciñas de Lugo".
A 'semana antitaurina' continúa este sábado en Pontevedra
Varias organizacións convocan unha manifestación antitouradas para este sábado pola tarde en Pontevedra co apoio de máis de 50 colectivos sociais, culturais, ecoloxistas e animalistas. Ademais da manifestación, está convocada unha cadea humana que rodeará a Praza de Touros.
Educación convoca un 30% menos de bolsas de colaboración e endurece os requisitos
O Ministerio de Educación endurece os requisitos académicos para optar ás bolsas de colaboración, reduce a cuantia de 2.700 a 2.000 euros e convoca un 30% menos de axudas.
"Pescar o xusto, contaminar o mínimo e reanimar as economías locais"
O veleiro Diosa Maat chega a Galicia con membros de Ecologistas en Acción para reivindicar "pescar o xusto, contaminar o mínimo e reanimar as economías locais". A campaña rematará a próxima fin de semana en Muros despois de percorrer as costas de Euskadi, Cantabria ou Asturias.
De que falan os grupos do noso pobo?
Superoito, Dios Ke Te Crew, Ruxe Ruxe, Leo i Arremecághona, Bolboreta, Ataque Escampe, Roberto Sobrado, Familia Caamagno ou Xosé Constenla son unha representación tanto dos moitos cantautores e cantautoras que temos no noso país como dos grupos que seguen o rock, o rap, o punk ou os seus derivados.
"Consumiuse o drama de outros, invadiuse a súa intimidade "
Miguel Anxo García Álvarez é especialista en Psicoloxía Clínica do Hospital Clínico de Santiago. Foi presidente do Colexio de Psicólogos e publicou varios traballos sobre os impactos e consecuencias psicolóxicas de catástrofes nas poboacións dende o Casón ao Prestige.
"O accidente verase ligado ao Día de Galicia durante moito tempo"
Ana Isabel Martínez Arraz é a coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía. Viviu de primeira man dende o Cersia en San Lázaro e dende Multiusos Fontes do Sar o tratamento cos familiares das vítimas.
O Goberno portugués pon á venda Correos
A operación da privatización de Correos está incluída no plan de axustes aceptado polo Goberno. A compañía obtivo en 2012 uns beneficios de 38 millóns e conta con 13.000 traballadores e preto de 800 oficinas en todo o país.
Estacións de tren ateigadas en homenaxe ás vítimas
O pobo galego rendeu homenaxe a todas vítimas e afectados polo sinistro de Angrois ateigando as estacións de tren de apoios e solidariedade.