O Goberno de Portugal anunciaba onte o inicio do proceso de privatización da sociedade pública de Correios de Portugal (CTT). Este é un dos moitos requisitos impostos pola troika a cambio do rescate financeiro de 78.000 millóns de euros concedido pola Unión Europea e o Fondo Monetario Internacional. O comezo formal de venda de todas as accións do Estado na empresa foi aprobada polo Consello de Ministros, das que un máximo dun 5% se presentarán nunha oferta separada aos traballadores.
A privatización de Correios de Portugal é un dos moitos requisitos impostos pola troika
O Executivo non puxo prazos á operación nin anuncióu ningunha suma prevista, no entanto, segundo o secretario de Finanzas, Manuel Rodrigues, esperan recibir propostas de compra antes do fin de ano. O secretario de Transportes, Sérgio Montero, anunciou que a operación estaba prevista para o final do terceiro trimestre do 2013 ou para o inicio do cuarto.
Os sindicatos de traballadores da empresa responderon con folgas aos plans da privatización e criticaron o proceso de reestructuración. A empresa, que conta con máis de 13.000 traballadores e cerca de 800 oficinas en todo o país, obtivo no 2012 uns beneficios de 38 millóns de euros.
Os sindicatos de traballadores da empresa responderon con folgas e críticas ao proceso
Outras privatizacións en Portugal
Portugal pretende lograr uns ingresos totais de 5.500 millóns de euros polas privatizacións, segundo prevé o programa. Até o de agora Portugal vendeu as súas accións e activos nas eléctricas EDP e REN e na xestora de aeropuertos ANA. Recibiu até agora cerca de 4.500 millóns de euros coas operacións. Tamén está aberto o proceso de venda da aerolínea TAP e pendentes outros coma a división especializada en mercancías de Trens de Portugal e a compañía pública de suministro de auga, Augas de Portugal.
Ademáis das privatizacións, outras medidas de austeridade "para cadrar os presupostos e cumprir coa troika" inclúen máis de 600 millóns de euros en aforros en Sanidade, Educación, Seguridade Social e servizos públicos e outros 600 en redución do gasto de funcionamento da administración, ademais de reformas laborais que facilitan o despido e suba de impostos.