AGE denuncia a "inadmisible discriminación" de persoas con sida no acceso á FP
A Consellería de Educación impide que as persoas con enfermidades catalogadas como infecto-contaxiosas, como é o caso do VIH, realicen un ciclo formativo de perruquería nun instituto público de Ferrol. Alternativa Galega da Esquerda insta ao Goberno galego a tomar medidas.
O BNG acusa a Xunta de "desprezar a igualdade" ao financiar os colexios que segregan
O BNG demanda á Secretaría Xeral de Igualdade que actúe para que se cumpra a sentenza do TSXG que anulaba os concertos a cinco colexios relixiosos que segregan o alumnado por razóns de sexo.
O comité de Povisa advirte de que o recorte de soldos afecta a todo o persoal
O persoal de Povisa segue no seu cuarto día de folga mentras os representantes sindicais lembran que os empregados e empregadas do hospital vigués xa recibiron as cartas nas que lle comunican a entrada en vigor do convenio provincial
Un día por Avelino Pousa Antelo: "amigo, irmán, exemplo"
A memoria e o legado de 'Lucho do Peto' enchen as rúas de Teo no aniversario do seu pasamento. Galería de imaxes no interior
O BNG empraza á Xunta a revisar o Pladiga
O BNG reclámalle á Xunta que proceda a "unha revisión extraordinaria do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, o Pladiga" e "complete as brigadas contra incendios" xa que a maioría non conta con todo o persoal ante a onda de calor que entra en Galicia.
O Sergas lánzase a implantar as consultas por teléfono en toda Galicia
Mentras o Sergas ve como "un éxito" o resultado do proxecto piloto en atención sanitaria non presencial e o quere estender, SOS Sanidade pública ve "outro fenómeno de recorte que pretende aforrar persoal" e "fará minguar a calidade da atención"
O FIRC recolle mostras de apoio a Stop Desafiuzamentos
O Festival Independente de Rock Coruñés recolle mostras de apoio dos grupos e asistentes ó Colectivo STOP Desafiuzamentos da Coruña na represión que denuncian estar sufrindo por parte do concello e a delegación do goberno.
AGE pide que o Parlamento sexa acusación popular polo accidente do Alvia
Alternativa Galega de Esquerda pediu este luns que o Parlamento galego se presente como "acusación popular" polo accidente de tren en Angrois.
"O desexo de ser un Estado de dereito e a realidade de selo tan só de feito"
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, ven de publicar a segunda edición do Informe Mundial de Estados de Feito (IMEF) 2013, un fenómeno habitual na política contemporánea e factor clave nas transformacións xeopolíticas actuais.
"Rematou o pesimismo, é o momento de loitar pola nosa cultura"
O vindeiro mes de setembro chega aos quioscos Oink! a revista do Xabarín Club con máis de 56 páxinas feitas íntegramente en Galicia e en galego. O seu director, Marcos Ferreira, cóntalle a Praza a evolución do proxecto que se convertirá na única publicación en galego para os máis cativos.
O maior incendio no que vai de verán arrasa 500 hectáreas
O lume queima 500 hectáreas entre os concellos de Quiroga e Larouco. A situación está estabilizada pero "non se pode dar por extinguido, posto que existen algúns focos activos" segundo Medio Rural. O persoal contra incendios censura a ocultación de datos e ve a situación na prevención e extinción de incendios como unha "total improvisación"
A Mesa denuncia ante o Valedor "presións" da Deputación da Coruña para non usar o galego
A Mesa pola Normalización Lingüística tramitou unha queixa ante o Valedor do Pobo para denunciar "presións" que a institución presidida polo popular Diego Calvo estaría exercendo contra un funcionario por utilizar o galego no traballo.