O BNG empraza á Xunta a revisar o Pladiga

Tereixa Paz na rolda de prensa CC-BY-SA BNG

A deputada do BNG Tereixa Paz coida que "os datos dos últimos días evidencian o fracaso da política contra os incendios e o seu colapso cunha actividade incendiaria moderada". Ao seu xuízo "é preciso rectificar o dispositivo da loita contra os incendios atendendo ao momento que se vai vivir nas vindeiras horas, xa que a partir de hoxe entramos nun período crítico coa entrada dunha onda de calor acompañada de intensos ventos que no caso de non rectificar o dispositivo pode someter á indefensión ao país e aos propios traballadores e traballadoras do dispositivo".

"Os datos dos últimos días evidencian o fracaso da política contra os incendios e o seu colapso cunha actividade incendiaria moderada"

Porén, o BNG emplaza á Xunta a facer  unha revisión "urxente" do PLADIGA e do dispositivo para "pór fin á súa dispersión de medios, introducir criterios de racionalidade en base aos datos obxectivos de incendios forestais e dismensionalos adecuadamente" a deputada afirmou que no caso contrario "podemos atoparnos ante unha indefensión do noso país ante unha eventual adversidade".  

Para a deputada, os datos dos últimos vinte anos "demostraron o fracaso do PLADIGA 2013  xa que cunha actividade incendiaria que entra dentro dos parámetros de normalidade se produce un colapso do dispositivo con incendios que superan con moito a extensión media doutros anos". Puxo de exEmplo o caso de Ourense da pasada fin de semana "non é normal que con 10 ou 12 incendios declarados non fosen quen de facer fronte en mellores condicións a lumes que nalgúns casos chegaron a superar as 100 hectáreas e puxeron en perigo aldeas e obrigaron a cortar a autovía A-52". 

Para o BNG as "terríbeis consecuencias" que traen os lumes neste verán "débese á improvisación e á irracionalidade coa que a Xunta deseñou o dispositivo"

Para o BNG as "terríbeis consecuencias" que traen os lumes neste verán "débese á improvisación e á irracionalidade coa que a Xunta deseñou o dispositivo" e denunciou "o perigo en seguridade laboral" dos traballadores e traballadoras "por distorsionar a capacidade de actuación e non repoñer os efectivos nin cobertura de baixas, xubilacións, etc.". A deputada pediu que se "completen" as brigadas contra incendios xa que a maioría non contan con todo o persoal, só con tres ou catro efectivos en lugar dos sete polos que deberías estar compostas. "Moitas das brigadas municipais non se completaron ou o fixeron tardiamente e sen que se tiveran en conta os criterios de aptitude e profesionalización" do que subliñou que "a día de hoxe aínda non rematou o proceso de selección" afirma Paz. Tamén falou das "numerosas denuncias"  que existen por motivo "das irregularidades que só pretendían converter estas brigadas en instrumentos para 'colocar' persoas afins ao PP sen ter en conta a súa capacitación para o traballo nin a súa formación".

Até o de agora siguen controlados os incendios forestais rexistrados nas últimas horas, tanto no concello ourensán de Vilamarín no que arderon arredor de 200 hectáreas como no municipio de Caldas de Reis, parroquia de Saiar, que comezou onte á ultima hora da tarde e no que arderon 40 hectáreas. O do concello lugués de Saviñao e os pontevedreses de Catoira e Ponteareas quedaron extinguidos cunhas superficies provisionais de 31,5, 25 e 31 hectáreas respectivamente. 

 

 

Tereixa Paz na rolda de prensa CC-BY-SA BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.