O caxato de don Avelino recoñece o mantemento "dos valores da Galicia rural"
A parroquia arzuá de Santa María recibe en Teo o caxato que lembra a figura de Avelino Pousa Antelo no terceiro aniversario do falecemento do histórico galeguista.
A parroquia arzuá de Santa María recibe en Teo o caxato que lembra a figura de Avelino Pousa Antelo no terceiro aniversario do falecemento do histórico galeguista.
A memoria e o legado de 'Lucho do Peto' enchen as rúas de Teo no aniversario do seu pasamento. Galería de imaxes no interior
Ao longo do día moitísimas persoas pasaron pola capela ardente instalada na Ramallosa, en Teo, para homenaxear o mestre, agrarista e galeguista barcalés. A xornada completouse cun emotivo acto de homenaxe pechado cun longo e sentido aplauso.
Xosé Vázquez Pintor envía este poema, co que quere despedirse e lembrar o mestre falecido este luns.
O legado de Avelino Pousa Antelo é tan amplo, tanxible e intanxiblemente, que parece realmente complicado resaltar unha faceta súa por riba das demais. Porén, xunto co seu denodado espírito docente, a súa intensa produción xornalística e literaria e o seu carácter galeguista, o Lucho do Peto pasará a historia do país pola súa incansable defensa do cooperativismo agrario. Aí queda a Granxa-escola de Barreiros (Sarria), como proba palpable da súa fe cega na importancia da educación agraria como semente de futuro.
A existencia de Avelino Pousa Antelo transcorreu paralela á propia evolución do noso país dende os adolescentes anos 10 do século pasado ata á actualidade. O Lucho do Peto foi testemuña directa e activa do esperanzador galeguismo anterior á Guerra Civil que o alzamento embozou. Nos tempos da infamia, traballador irredento. Profesor, intelectual, político e, sobre todo, galeguista. Unha reportaxe de Manel González.