Fi Ware: Europa, o Big Data e o internet das cousas

Big data Dominio Público Praza Pública

A Comisión Europea vén desenvolvendo desde hai uns tres anos unha plataforma de código aberto xurdida da colaboración público-privada -Telefónica é un dos principais partners- e que foi bautizada como Fi Ware. Descrita como un ecosistema público e aberto que unifica a linguaxe, servizos e tecnoloxía para as futuras aplicacións da rede. O que é o mesmo, un intento de Europa para competir con xigantes do sector como son Amazon Web Services e Google.

Os seus impulsores defíneno como un lugar para o emprendemento e para a innovación a través das TIC. Unha inversión monumental -600 millóns de euros- e grandes espectativas de negocio para PEMES

Os seus impulsores defíneno como un lugar para o emprendemento e para a innovación a través das TIC. Unha inversión monumental -600 millóns de euros- e grandes espectativas de negocio para PEMES. Xa existen algúns proxectos de smartcity (cidade intelixente) baseados nesta plataforma. Fiware xa atopou os seus detractores, que argumentan que hai demasiadas palabras e pouca concreción nesta iniciativa.

Nas diferentes informacións que xorden arredor desta plataforma aparecen palabras como Cloud Computing, o Internet das Cousas, Big Data. Termos moi utilizados e pouco explicados, sobre todo polos medios especializados. A idea deste artigo é explicar, dar unha idea un pouquiño máis profunda do que significan estes conceptos.

 

Cloud Computing

Fiware xa atopou os seus detractores, que argumentan que hai demasiadas palabras e pouca concreción nesta iniciativa

Computación na nube ou informática na nube sería a súa traducción literal. Por explicalo de maneira sinxela definiremos a nube como un entorno externo ao noso dispositivo no que se poden almacenar e executar contidos e aplicacións. Basicamente podemos dispoñer de servizos da rede sen a necesidade de posuír da estructura precisa para mantela. Un exemplo moi claro: os servizos de almacenamento coma Dropbox ou OwnCloud, servizos de correo electrónico como Gmail ou Outlook, ou sistemas de xestión de contidos como Wordpress.

Tanto a nivel usuario como a nivel empresa ofrece diferentes vantaxes: rápida implentación e mantemento, importante reducción de custos, aforro de custes enerxéticos, constante actualización dos servizos, acceso desde diferentes dispositivos e escalabilidade (na medida en que o sistema pode medrar).

A seguridade é un dos grandes problemas da nube. Numerosas aplicacións e servizos baseados neste entorno teñen sufrido numerosas vulneracións dos seus sistemas quedando os datos dos usuarios comprometidos. Ademais disto, a nube atópase con numerosos detractores coma o fundador da Free Software Foundation, Richard Stallman que ve no Cloud Computing un sistema cerrado, centralizado e que ataca a privacidade dos usuarios.

 

O Internet das cousas

O concepto baséase na conexión de obxectos, sistemas e servizos á rede. De maneira máis sinxela: unha lavadora ou unha neveira conectadas a Internet e que poden ser programadas desde un teléfono móbil intelixente.

Esta evolución tecnolóxica ten múltiples aplicacións na vida real. Non estaríamos falando tan só de poñer unha lavadora desde o traballo, ou de apagar a lámpada que no quedou acesa na sala de estar. Falamos de creación de sistemas de servizos para o control e monitorización de produtos e servizos, coma nas coñecidas como Smart Cities. Interconexión, identificación, monitorización e colaboración. A cuestión é se queremos chegar a ese nivel.

 

O Big Data

O Big Data ou Datos masivos refírese tal e como indica o seu propio nome á acumulación de datos de maneira masiva ou a gran escala. Coma case sempre nestes casos, o termo anglosaxón é o de uso común. Imaxinemos a gran cantidade de dispositivos que existen hoxe en día. Cada un de nós posúe un mínimo de dous contando portátile e teléfono móbil. Cada vez hai máis xente que engadiu un terceiro, a tablet.

O Big Data consiste precisamenta na capacidad de xestionar e procesar toda esa información dun xeito rápido e eficiente. Obter o dato correcto no momento preciso no medio dese océano de información, esa é a clave

Pensemos en todos eses dispositivos coas súas redes sociais, blogs, xogos, aplicacións de produtividade e demais xerando información continuamente. Existen por suposto máis dispositivos e aparellos que producen información de xeito masivo. O Big Data consiste precisamenta na capacidad de xestionar e procesar toda esa información dun xeito rápido e eficiente. Obter o dato correcto no momento preciso no medio dese océano de información, esa é a clave. Un par de exemplos moi visibles do que é o Big Data: Google e Facebook. Os dous xigantes da Internet xestionan teras e teras de información.

A súa importancia vai máis alá da web. É relevante en sectores como seguridade, saúde, meteoroloxía e no mundo empresarial. A estructuración e análise destes datos masivos é o gran reto desta época.

Big data Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.