Hai uns meses o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) levou a cabo un experimento sobre os métodos de minaría de bitcoins, aproveitando unha pequena parte da potencia de cálculo dos seus equipos informáticos, dado que o sistema de cadeas de bloques e os sistemas de criptografía que emprega a moeda virtual resultan útiles en varios campos das súas investigacións, coma a criptografía aplicada a sistemas de seguridade en Cloud Computing ou a análise de Big Data.
Estes experimentos reportáronlle a Gradiant un beneficio de arredor de mil euros en bitcoins, que posteriormente foron cambiados por moeda física e doados a Médicos Sen Fronteiras
A chamada minaría de bitcoins é o proceso mediante o que un usuario pon a disposición do sistema monetario virtual determinados recursos informáticos en beneficio da comunidade, e a cambio o usuario é recompensado con diñero dixital. É dicir, o sistema de bitcoins incentiva a aqueles que axudan a lexitimizar as transaccións, nunha operación denominada xerar un bloque. Cada certo tempo, a red desta divisa virtual distribúe automaticamente un novo lote de Bitcoins, e aqueles usuarios que estean executando o software poden optar á recompensa. O problema para o usuario medio é que a dificultade para descifrar un destes bloques creceu, e cada vez son necesarios equipos máis potentes e sofisticados, cun hardware moi específico do que si dispón o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia.
Estes experimentos reportáronlle a Gradiant un beneficio de arredor de mil euros en bitcoins, que posteriormente foron cambiados por moeda física e doados a Médicos Sen Fronteiras para a súa campaña en favor dos damnificados polo tifón Haiyan, que o pasado 8 de novembro provocou máis de 5000 mortos en Filipinas.