Instalan no Grove un xerador que emprega as correntes mariñas para producir enerxía

Prototipo do xerador © Universidade de Vigo

A empresa Resolve Enerxía e do Grupo CIMA da Universidade de Vigo veñen de instalar no porto de Meloxo, a uns cen metros da costa, un xerador que emprega as correntes mariñas para producir enerxía. Trátase apenas dun prototipo pero de ter éxito podería estenderse nos vindeiros meses por outras zonas. Nos países nórdicos este tipo de tecnoloxías está moí desenvolvída, pero o xerador desenvolvido en Galicia ten a particularidade de ser bidireccional, de xeito que pode traballar tanto coa corrente producida pola subida da marea, como coa de baixada, sen influír isto no seu rendemento.

O xerador desenvolvido en Galicia ten a particularidade de ser bidireccional, de xeito que pode traballar tanto coa corrente producida pola subida da marea, como coa de baixada, sen influír isto no seu rendemento

“O obxectivo do proxecto”, explica Isabel Fernández, investigadora do Grupo CIMA, “é o desenvolvemento dun modelo a escala dunha turbina de aproveitamento das correntes submarinas como primeira fase dun proceso industrial máis ambicioso”. Así, en función dos resultados que arroxen as probas que se van realizar co prototipo, deseñaríase un equipo a escala real que acadaría unha potencia de 110Kw.

Ademais de ser unha fonte inesgotable, as correntes mariñas posúen unha elevada capacidade enerxética derivada da densidade da auga do mar, de xeito que se se compara este xerador mariño cun aeroxerador, co que ten un principio de funcionamento case igual, “a enerxía que se pode obter da auga é moito maior que a do vento pola densidade do fluído que inflúe na forza que se pode obter destes equipos”, explica Isabel Iglesias.

Prototipo do xerador © Universidade de Vigo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.